The Project Gutenberg eBook of Cantares gallegos

This ebook is for the use of anyone anywhere in the United States and most other parts of the world at no cost and with almost no restrictions whatsoever. You may copy it, give it away or re-use it under the terms of the Project Gutenberg License included with this ebook or online at www.gutenberg.org. If you are not located in the United States, you will have to check the laws of the country where you are located before using this eBook.

Title: Cantares gallegos

Author: Rosalía de Castro

Release date: March 8, 2019 [eBook #59037]

Language: Galician

Credits: Produced by Ramon Pajares Box and the Online Distributed
Proofreading Team at http://www.pgdp.net (This file was
produced from images generously made available by The
Internet Archive/Canadian Libraries)

*** START OF THE PROJECT GUTENBERG EBOOK CANTARES GALLEGOS ***


Nota de transcripción

Índice

Glosario

Cantares gallegos


Cubierta del libro

[p. 3]

OBRAS COMPLETAS

DE

ROSALÍA DE CASTRO

II


[p. 5]

OBRAS COMPLETAS
DE
ROSALÍA DE CASTRO

II

CANTARES GALLEGOS

Motivo ornamental

MADRID

LIBRERÍA DE LOS SUCESORES DE HERNANDO

Calle del Arenal, 11.

1909


[p. 6]


Imprenta de los Sucesores de Hernando, Quintana, 33.


[p. 7]

Á Fernán Caballero.

Señora: Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico á usted este libro. Sirva él para demostrar á la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que la profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.

Santiago, 17 de mayo de 1863.

Rosalía Castro de Murguía.


[p. 9]

PRÓLOGO

Grande atrevemento é sin duda prá un probe inxenio com’ ó que me cadrou en sorte dar á luz un libro cuyas páxinas debían estar cheyas de sol, d’ armonía e d’ aquela naturalidade que unida á unha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d’ os nosos cantos populares. A poesía gallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doçes sonrisiñas, mormuxando unhas veces c’ os ventos misteriosos d’ os bosques, briland’ outras c’ ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d’ as auguas d’ un río farto e grave, que corre baixo as ramas d’ os salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un sprito subrime e cristaiño, si así ó podemos decir, unha inspiración fecunda, com’ á vexetación que hermosea[p. 10] esta nosa privilexiada terra, e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d’ hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisáis xusguen insensibre, extraño a devina poesía. Mais naide ten menos qu’ eu teño as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d’ un máis bon deseo prá cantar as bellezas da nosa terra n’ aquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demáis linguas en doçura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas, e n’ habendo deprendido en máis escola qu’ á d’ os nosos probes aldeáns, guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’ á cuna, e que foran recollidos pó-lo meu coraçón como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer cómo algunhas d’ as nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e cóm’ ó noso dialecto doçe e sonoro é tan apropósito com’ ó pirmeiro para toda clase de versificación.

[p. 11]As miñas forzas é certo quedaron moito máis abaixo d’ ó que alcançaran os meus deseyos, e por eso, comprendendo cánto poidera facer nesto un gran poeta, dóyome inda máis da miña insuficença. O Libro d’ os Cantares de D. Antonio Trueba, que m’ inspirara e der’ alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-lo meu pensamento com’ un remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ó pensar cómo Galicia se levantaría hastr’ ó lugar que lle corresponde si un poeta como Anton ó d’ os Cantares fose ó destinado prá dar á conocer as suas bellezas e as suas costumes. Mais á miña infeliz patria, tan desventurada nesto como en tod’ ó máis, tense que contentar c’ unhas páxinas frías e insulsas, qu’ apenas serían dinas d’ achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sentimento que as creou. ¡Qu’ esto mesmo me sirva de disculpa prá os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s’ esforça por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria é acreedore á algunha indulxencia!

Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerías, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod’ aquelo, en fin, que pó-la sua forma e colorido é dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, unha[p. 12] voz, un runxido por leve que fosse, con tal que chegase á conmoverme, tod’ esto m’ atrevín á cantar neste homilde libro prá desir unha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razón nin conocement’ algún nos despreçan, qu’ a nosa terra é dina d’ alabanzas, e qu’ a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás máis ilustradísimas provincias, c’ unha risa de mofa, qu’ á desir verdade (por máis qu’ esta sea dura), demostra á iñorancia máis crasa y á máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia á outra provincia hirmán, por probe qu’ ésta sea. Mais he aquí qu’ ó máis triste nesta cuestión é á falsedade con que fora d’ aquí pintan, así ôs fillos de Galicia com’ á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó máis despreciable e feyo d’ España, cando acaso sea ó máis hermoso e dino d’ alabanza.

Non quero ferir con esto á susceptibilidade de naide, anque á decir verdade, ben poidera perdonárselle este pequeno desafogo á quen tan ferida foy de todos. Mais, eu qu’ atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d’ ó deserto; eu que recorrín á feraz Extremadura e á extensa Mancha, dond’ ó sol cai á promo alomeando monótonos campos, donde ó cor d’ á palla seca prest’ un tono can[p. 13]sado ó paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin unha herbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com’ á terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d’ Alicante, dond’ os olivos, có seu verd’ escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e monótona com’ ó resto d’ aquel paíse, amostra á sua vexetación tal como paisaxes pintados nun cartón con árbores postos simétricamente e en carreiriños para divertisión d’ os nenos, eu non podo menos d’ indignarme cand’ os fillos d’ esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d’ os campos, búlranse d’ esta Galicia competidora en clima e galanura c’ os países máis encantadores da terra; esta Galicia donde todo é espontáneo na natureza e en donde á man do home cede ó seu posto á man de Dios.

Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com’ os d’ Italia, horizontes nubrados e malencónicos, anque sempre hermosos com’ os tan alabados da Suiza; ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu’ aterran e adimiran pó-la sua xigantesca e xorda cólera..., mares[p. 14] inmensos..., ¿qué direi máis? Non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacións de herbiñas e de frores; os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros; os lixeiros ventos que pasan; as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, vran e inverno, xa pó-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E á pesar d’ esto chega á tanto á fatuidade d’ os iñorantes, á tanto á indina preocupación que contra á nosa terra existe, qu’ inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d’ os que se bulran de nos sin que xamáis nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os máis), inda os que penetraron en Galicia e gozaron d’ as delicias qu’ ofrece, atrevéronse á decir que Galicia era... ¡¡un cortello inmundo!!... ¡Y éstos eran quisáis fillos... de aquelas terras abrasadas d’ onde hastra os paxariños foxen!... ¿Qué diremos á esto? Nada máis si-non que taes fatuidades respecto de noso país, teñen algunha comparanza c’ as d’ os franceses ô falar d’ as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu; pó-lo contrario, sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó máis triste d’ esto é que val antr[p. 15]’ eles tan infame mentira, así como val prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demáis provincias d’ España—ningunha comparada en verdadeira belleza de paisaxe có á nosa—, que Galicia é ó rincón máis despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven así á sofrir España d’ unha nación veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu’ ela, inda máis culpabre, comete c’ unha provincia homillada de quen nunca s’ acorda, como no sea prá homillala inda máis. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle máis palpabre á España á inxusticia qu’ ela á sua vez conosco comete.

Foy este ó móvil principal que m’ impeleu á pubricar este libro, que máis que nadie conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramática nin regras de ningunha clás, ó lector topará moitas veces faltas d’ ortografía, xiros que disoarán ôs oídos d’ un purista; pró ô menos, e prá disculpar en algo estos defectos, puxen ó mayor coidado en reprodusir ó verdadeiro esprito d’ ó noso pobo, e penso qu’ ó conseguín en algo..., si ben de unha maneira débil e froxa. ¡Queira ó ceo qu’ outro máis afertunado qu’ eu poida[p. 16] describir c’ os seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aquí s’ atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado, prá qu’ así, ô menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c’ o respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia!


[p. 17]

I

As de cantar

Que ch’ ei de dar zonchos;

As de cantar

Que ch’ ei de dar moitos.

I

«As de cantar,

Meniña gaiteira,

As de cantar,

que me morro de pena.

Canta, meniña,

Na veira da fonte,

Canta, dareiche

Boliños do pote.

Canta, meniña,

Con brando compás,

Dareich’ unha proya

Da pedra do lar.

[p. 18]Papiñas con leite

Tamén che darei,

Sopiñas con viño,

Torrexas con mel.

Patacas asadas

Con sal e vinagre,

Que saben á noces,

¡Qué ricas que saben!

¡Qué feira, rapaza,

Si cantas faremos!...

Festiña por fora,

Festiña por dentro.

Canta si queres,

Rapaza do demo,

Canta si queres,

Dareich’ un mantelo.

Canta si queres,

Na lengua qu’ eu falo,

Dareich’ un mantelo,

Dareich’ un refaixo.

Có son da gaitiña

Có son da pandeira,

Che pido que cantes,

Rapaza morena.

[p. 19]Có son da gaitiña,

Có son do tambor,

Che pido que cantes,

Meniña, por Dios.»

II

Así mô pediron

Na veira do mar,

O pe das ondiñas

Que veñen e van.

Así mô pediron

Na veira do río

Que corr’ entr’ as erbas

Do campo frorido.

Cantaban os grilos,

Os galos cantaban,

O vento antr’ as follas

Runxindo pasaba.

Campaban os prados,

Manaban as fontes

Antr’ erbas e viñas,

Figueiras e robres.

Tocaban as gaitas

O son das pandeiras,

[p. 20]Bailaban os mozos

Cás mozas modestas.

¡Qué cofias tan brancas!

¡Qué panos con freco!...

¡Qué dengues de grana!

¡Qué sintas!, ¡qué adresos!

¡Qué ricos mandiles!

¡Qué verdes refaixos!...

¡Qué feitos xustillos

De cor colorado!

Tan vivos colores

A vista trubaban,

De velos tan váreos

O sol se folgaba.

De velos bulindo

Por montes e veigas,

Coidou qu’ eran rosas

Garridas e frescas.

III

Lugar máis hermoso

Non houbo na terra

Qu’ aquel qu’ eu miraba,

Qu’ aquel que me dera.

[p. 21]Lugar máis hermoso

No mundo n’ hachara,

Qu’ aquel de Galicia,

Galicia encantada.

Galicia frorida,

Cal ela ningunha,

De froles cuberta,

Cuberta de espumas.

D’ espumas qu’ o mare

Con pelras gomita,

De froles que nacen

O pe das fontiñas.

De valles tan fondos,

Tan verdes, tan frescos,

Qu’ as penas se calman

No máis que con velos.

Qu’ os ánxeles neles

Dormidos se quedan,

Xa en forma de pombas,

Xa en forma de niebras.

IV

Cantart’ ei, Galicia,

Teus doçes cantares,

Qu’ así mô pediron

Na veira do mare.

[p. 22]Cantar t’ ei, Galicia,

Na lengua gallega,

Consuelo dos males,

Alivio das penas.

Mimosa, soave,

Sentida, queixosa;

Encanta si ríe,

Conmove si chora.

Cal ela, ningunha

Tan doçe que cante

Soidades amargas,

Sospiros amantes.

Misterios da tarde,

Murmuxos da noite:

Cantar t’ ei, Galicia,

Na veira das fontes.

Qu’ así mô pediron,

Qu’ así mô mandaron,

Que cant’ e que cante

Na lengua qu’ eu falo.

Qu’ así mô mandaron,

Qu’ así mô dixeron...

Xa canto, meniñas,

Coidá que comenso.

[p. 23]Con doçe alegría,

Con brando compás,

O pe das ondiñas,

Que veñen e van.

Dios santo premita

Qu’ aquestes cantares,

D’ alivio vos sirvan

Nos vosos pesares.

De amabre consolo,

De soave contento,

Cal fartan de dichas

Compridos deseyos.

De noite, de día,

N’ aurora, na sera,

Oiresme cantando

Por montes e veigas.

Quen queira me chame,

Quen queira m’ obrige,

Cantar, cantareille

De noit’ e de día,

Por dalle contento,

Por dalle consolo,

Trocand’ en sonrisas

Queixiñas e choros.

[p. 24]Buscaime, rapazas,

Velliñas, mociños,

Buscaim’ antr’ os robres,

Buscaim’ antr’ os millos.

Nas portas dos ricos,

Nas portas dos probes,

Qu’ aquestes cantares

A todos responden.

A todos, qu’ á Virxen

Axuda pedín,

Por que vos console

No voso sufrir.

Nos vosos tormentos,

Nos vosos pesares.

Coidá que comenso...

¡Meniñas, Dios diante!


[p. 25]

II

Nasín cand’ as prantas nasen,

Nô mes das froles nasín,

Nunh’ alborada mainiña,

Nunh’ alborada d’ abril.

Por eso me chaman Rosa,

Mais á dó triste sorrir,

Con espiñas para todos,

Sin ningunha para ti.

Des que te quixen, ingrato,

Tod’ acabou para min,

Qu’ eras ti para min todo,

Miña groria e meu vivir.

¿De qué, pois, te queixas, Mauro?

¿De qué, pois, te queixas, di,

Cando sabes que morrera

Por te contemplar felís?

Duro crabo me encrabaches

Con ese teu maldesir,

Con ese teu pedir tolo

Que non sei qué quer de min,

[p. 26]Pois dinche canto dar puden

Avariciosa de ti.

O meu corasón che mando

C’ unha chave par’ ó abrir,

Nin eu teño máis que darche,

Nin ti máis que me pedir.


[p. 27]

III

—Dios bendiga todo, nena;

Rapaza, Dios che bendiga,

Xa que te dou tan grasiosa,

Xa que te dou tan feitiña,

Qu’ anque andiven moitas terras,

Qu’ anque andiven moitas vilas,

Coma ti non vin ningunha,

Tan redonda é tan bonita.

¡Ben haya quen te pariu!

¡Ben haya, amén, quen te cría!

—Dios vos garde, miña vella;

Gárdevos Santa Mariña,

Qu’ a bofé sôs falangueira,

Falangueira e ben cumprida.

—Meniña, por ben falada

Ningunha se perdería:

Cóllens’ entr’ os paxariños

Aqueles que mellor trían;

Morre afogado entr’ as pallas

O pitiño que non chía.

[p. 28]—Pois si vos foras pitiño,

Dígovos, miña velliña,

Que dese mal non morreras,

Que chiar ben chiarías.

—¡Ay!, que si non de min fora,

¡Miña filla, miña filla!

Sin agarimo no mundo

Desde que nasín orfiña,

De port’ en porta pedindo

Tiben que pasar á vida.

E cand’ á vida se pasa

Cal vida de pelegrina,

Que busca pelegrinando

O pan tódo-los días,

De cot’ en lares alleos,

De cot’ en extrañas vilas,

Hay que deprender estonces

Por no morrer coitadiña,

O pe d’ un valo tumbada

E de todos esquencida,

O chío dos paxariños,

O recramo das pombiñas,

O ben falar que comprase

A humildá mansa qu’ obriga.

—¡Moito sabés, miña vella,

Moito de sabiduría!

¡Quén poidera correr mundo

Por ser como vos sabida!

[p. 29]Qu’ anque traballos se pasen

Aló pó-las lonxes vilas,

Tamén ¡qué cousas se saben!

Tamén ¡qué cousas se miran!

—Máis val que nâs mires nunca,

Qu’ estonces te perderías:

¡O qu’ ó sol mirar precura

Logo quedará sin vista!

—Dirés verdá, miña vella;

Mais craras as vosas niñas,

Emprestouvos hastr’ agora

Groriosa Santa Lucía.

—Moita devoçón lle teño,

¡Miña santiña bendita!

Mais non sempr’ as niñas craras

Son proba de craras vistas.

Moitas eu vin com’ á augua

Que corr’ entr’ as penas frías

Gorgorexando de paso,

Sereniña, sereniña,

Qu’ antre tiniebras pousaban,

Qu’ antre tiniebras vivían,

Nas tiniebras d’ os pecados

Que son as máis escondidas.

—Si de pecados falades,

E pan qu’ onde queira espiga,

[p. 30]En tóda-las partes crese,

En todas partes se cría;

Mais uns son cor de veneno,

Outros de sangre runxida,

Outros, com’ á noite negros,

Medran c’ as lurpias dañinas,

Qu’ os paren entr’ ouro e seda

Arrolados pó-l’ envidia,

Mantidos pó-la luxuria,

Mimados pó-la cobiza.

—«Quen ven está, ven estea.»

Déixat’ estar, miña filla,

Nin precures correr mundo

Nin tampouco lonxes vilas,

Qu’ ó mundo da malos pagos

A quen lle da prendas finas,

E nas vilas mal fixeras

Qu’ á aquí facer non farías,

Qu’ anque ese pan varolento

En todas partes espiga,

Nunhas apoucado crese,

Noutras medra qu’ adimira.

—Falás com’ un abogado,

E calquera pensaría

Que deprendestes nos libros

Tan váreas palabrerías,

Todiñas tan ven faladas,

[p. 31]Todiñas tan entendidas;

E tal medo me puñeches

Que xa d’ aquí non sahira

Sin levar Santos-escritos

E medalliñas benditas

Nun lado do meu xustillo,

Xunto d’ unha negra figa,

Que me librasen das meigas

E máis das lurpias dañinas.

—Que te libren de ti mesma,

Pídelle á Dios, rapariga,

Que somos nos para nos

As lurpias máis enemigas.

Mais xa ven á noite vindo

Co seu manto d’ estreliñas,

Xa recolleron ó gando

Que pastaba na cortiña,

Xa lonx’ as campanas tocan,

Tocan as Ave-Marías,

Cada conexo ô seu tobo

Lixeiro, lixeiro tira,

Qu’ é mal compañeiro á noite

Si á compañeiro s’ obriga.

Mas ¡ay! qu’ eu non teño tobo

Nin burata conocida,

Nin tellado que me cruba

Dos ventos da noite fría.

¡Qué vid’ á dos probes, nena!

¡Qué vida, qu’ amarga vida!

[p. 32]Mais Noso Señor foi probe,

¡Qu’ esto d’ alivio nos sirva!

—Amén, miña vella, amén;

Mais pó-las almas benditas

Oxe dormirás n’ un leito

Feito de palliña triga,

Xunta do lar que vos quente

Cá borralliña encendida,

E comerés un caldiño

Con patacas e nabizas.

—¡Bendito sea Dios, bendito,

Bendit’ á Virxe María,

Que con tanto ben m’ acode

Por unha man compasiva!

O Señor che dé fertuna

Con moitos anos de vida;

¡Volvansech’ as tellas d’ ouro,

As pedras de prata fina,

E cada gran seu diamante

Che se volva cada día!

Y agora, miña rapaza,

Por qu’ un pouco t’ adivirtas

Bailando c’ as compañeiras

Que garulan ná cociña,

Eiche de contar historias,

Eiche de cantar copriñas,

Eiche de tocar as cunchas,

Miña carrapucheiriña.


[p. 33]

IV

Cantan os galos pr’ ó día,

Érguete, meu ben, e vaite.

—¿Cómo m’ ei d’ ir, queridiña,

Cómo m’ ei d’ ir e deixarte?

—D’ eses teus olliños negros

Como doas relumbrantes,

Hastr’ as nosas maus unidas

As vagoas ardentes caen.

¿Cómo m’ ei d’ ir si te quero?

¿Cómo m’ ei d’ ir e deixarte,

Si cá lengua me desvotas

E có coraçón me atraes?

N’ un corruncho do teu leito

Cariñosa m’ abrigaches;

Có teu manso caloriño

Os fríos pes me quentastes;

E d’ aquí xuntos miramos

Por antr’ ó verde ramaxe,

Cal iba correndo á lua

Por enriva dos pinares.

[p. 34]¿Cómo queres que te deixe

Cómo que de ti m’ aparte,

Si máis qu’ á mel eres dulce

E máis qu’ as froles soave?

—Meiguiño, meiguiño meigo,

Meigo que me namoraste,

Baite d’ onda min meiguiño

Antes qu’ ó sol se levante.

—Ainda dorme, queridiña,

Antr’ as ondiñas do mare,

Dorme por que m’ acariñes

E por qu’ amante me chames,

Que sol’ onde ti, meniña,

Podo contento folgare.

—Xa cantan os paxariños,

Érguete, meu ben, qu’ é tarde.

—Deixa que canten, Marica,

Marica, deixa que canten...

Si ti sintes que me vaya,

Eu relouco por quedarme.

—Conmigo, meu queridiño,

Mitá da noite pasaches.

—Mais en tanto ti dormías

Contenteime con mirarte,

[p. 35]Qu’ así sorind’ entre sonos

Coidaba qu’ eras un ánxel,

E non con tanta pureza

O pe d’ un ánxel velase.

—Así te quero, meu ben,

Com’ un santo dos altares;

Mais fuxe... qu’ ó sol dourado

Por riba dos montes saye.

—Irey, mais dame un biquiño

Antes que de ti m’ aparte;

Qu’ esos labiños de rosa

Inda non sei como saben.

—Con mil amores cho dera,

Mais teño que confesarme;

E moita vergonza fora

Ter un pecado tan grande.

—Pois confésate, Marica,

Que cando casar nos casen,

Non ch’ han de valer, meniña,

Ni confesores nin frades.

¡Adiós, cariña de rosa!

—¡Raparigo, Dios te garde!


[p. 37]

V

Miña Santiña,

Miña Santasa,

Miña cariña

De calabasa.

Ei d’ emprestarbos

Os meus pendentes,

Ei d’ emprestarbos

O meu collar;

Ei d’ emprestarcho,

Cara bonita,

Si me deprendes

A puntear.

—Costureiriña

Comprimenteira,

Sacha no campo,

Malla na eira,

Lava no río,

Vay apañar

Toxiños secos

Antr’ ó pinar.

[p. 38]Así á meniña

Traballadora

Os punteados

Deprende ora.

—Miña santiña,

Mal me quixere

Quen m’ aconsella

Que tal fixere.

Mans de señora,

Mans fidalgueiras

Teñen todiñas

As costureiras;

Boca de reina,

Corpo de dama,

Comprell’ á seda,

Foxen d’ á lama.

—¡Ay rapaciña!

Ti tél-o teo:

¡¡¡Sed’ as que dormen

Antr’ ó centeo!!!

¡Fuxir d’ á lama

Quen naceu nela!

Dios cho perdone,

Probe Manuela.

Lama con honra

Non mancha nada,

Nin seda limpa

Honra emporcada.

[p. 39]—Santa Santasa

Non sós comprida,

Decindo cousas

Que fan ferida.

Falaime solo

D’ as muhiñeiras,

D’ aquelas voltas

Revirandeiras,

D’ aqueles puntos

Que fan agora,

D’ afora adentro,

D’ adentro afora.

—Costureiriña

D’ o carballal,

Colle unha agulla

Colle un dedal,

Cose os buratos

D’ ese teu cós,

Qu’ andar rachada

No manda Dios.

Cose, meniña,

Tantos furados,

Y ora non penses

Nos punteados.

—Miña Santasa,

Miña Santiña,

Nin teño agulla,

Nin teño liña,

[p. 40]Nin dedal teño,

Qu’ aló na feira

Rouboume un majo

Da faltriqueira,

Decindo: «As perdas

D’ os descoidados

Fan ó lotiño

D’ os apañados.»

—¡Costureiriña,

Qu’ á majos trata!

Alma de cobre,

Collar de prata.

Mocidá rindo,

Vellez chorando...

Anda, meniña,

Coida d’ o gando.

Coida d’ as erbas

D’ o teu erbal,

Terás agulla,

Terás dedal.

—Deixad’ as erbas,

Qu’ ó qu’ eu quería,

Era ir cal todas

A romería.

¡Y alí con aire

Dar cada volta!

Os ollos baixos,

A perna solta.

[p. 41]Pes lixeiriños,

Corpo direito;

¡Pero, Santiña...

Non lle dou xeito!

Non vos metades

Pedricadora,

Bailadoriña

Faceme agora.

Vos dend’ arriva

Andá correndo;

Faced’ os puntos,

Y eu adeprendo.

Andá que peno

Pó-los penares...

Miray qu’ ó pido

Chorando á mares.

—¡Ay da meniña!

¡Ay da que chora!

¡Ay, porque quere

Ser bailadora!

Que cando durma

No camposanto

Os enemigos

Faranlle espanto,

Bailando enriva

D’ as erbas mudas,

O son d’ a negra

Gaita de Xudas.

Y aquel corpiño

[p. 42]Que n’ outros días

Tanto truara

Nás romerías,

O son dos ventos

Máis desatados

Rolará logo

C’ os condenados.

Costureiriña,

N’ ei de ser, n’ ei,

Quen che deprenda

Tan mala ley.

—¡Ay que Santasa!

¡Ay que Santona!

Ollos de meiga,

Cara de mora,

Por n’ ei de porche

Os meus pendentes,

Por n’ ei de porche

O meu collar,

Xa que non queres,

Xa que non sabes

Adeprenderme

A puntear.


[p. 43]

VI

Nosa Señora da Barca

Ten ó tellado de pedra;

Ben ó pudera ter d’ ouro

Miña Virxen, si quixera.

I

¡Cánta xente..., cánta xente

Por campiñas e por veigas!

¡Cánta pó-lo mar abaixo

Ven camiño da ribeira!

¡Qué lanchas tan ben portadas

Con aparellos de festa!

¡Qué botes tan feituquiños,

Con tan feituquiñas velas!

Todos cargadiños veñen

De xentiña forasteira,

E de rapazas bonitas

Cura de todas las penas.

¡Cántos dengues encarnados!

¡Cántas sintas amarelas!

[p. 44]¡Cántas cofias pranchadiñas

Dende lonxe relumbrean,

Cal si fosen neve pura,

Cal froles da primaveira!

¡Cánta maxesa nos homes,

Cánta brancura nas nenas!

Y eles semellan gallardos

Pinos qu’ os montes ourean,

Y elas cogolliños novos

C’ orballo da mañán fresca.

As de Muros, tan finiñas,

Qu’ un coidara que se creban,

C’ aquelas caras de virxe

C’ aqueles ollos de almendra,

C’ aqueles cabelos longos

Xuntados en longas trenzas,

C’ aqueles cores rousados,

Cal si á aurora llos puñera,

Pois así son de soaves

Com’ aurora que comenza;

Descendentes das airosas

Fillas de pagana Grecia,

Elas de negro se visten,

Delgadiñas e lixeiras,

Refaixo e mantelo negro,

Zapato e media de seda,

Negra chaqueta de raso,

Mantilla da mesma peza,

Con terciopelo adornado,

[p. 45]Cánto enriva de sí levan;

Filas de reinas parecen,

Griegas estatuas semellan,

Si á un rayo de sol poñente

Repousadas se contempran;

Ricos panos de Manila,

Brancos e cor de sireixa,

Crúzanse sobre ó seu seyo

Con pudorosa modestia;

E por antr’ eles relosen,

Como brillantes estrelas,

Aderesos e collares

De diamantes e de pelras,

Pendentes de filigrana

E pechuguiñas de cera.

As de Camariñas visten,

Cal rapaciñas gaiteiras,

Sayas de vivos colores

Pó-lo pescozo da perna,

Lucindo ó negro zapato

Enriva de branca media.

Chambras feitas de mil rayas

Azuladas e bermellas,

Con guarniciós que lles caen

Sobr’ á rumbosa cadeira.

Para tocar ó pandeiro,

Non hay coma tales nenas,

Que son as Camariñanas

Feitas de sal e canela.

[p. 46]As de Cé, ¡Virxe do Carme!,

¡Qué cariñas tan ben feitas!

Cando están coloradiñas

No ruxe-ruxe da festa;

Cada mirar dos seus ollos

Fire como cen saetas;

Nin hay mans tan ben cortadas,

Tan branquiñas e pequenas,

Com’ as qu’ amostran finxindo

Que non queren que llas vexan.

Son as de Laxe unhas mozas,

¡Vaya unhas mozas aquelas!

Sólo con velas de lonxe,

Quitaselles á monteira;

Porque son vivas de xenio

Anque son rapazas netas.

Bailadoras..., n’ hay ningunhas

Que con elas se entrometan,

Pois por bailar, bailarían

No cribo d’ unha peneira;

Mais en tocando á que recen,

En rezar son as pirmeiras...

Dan ó mund’ ó qu’ é do mundo,

Dan á ygrexa ó qu’ é da ygrexa.

As de Noya, ven s’ axuntan

C’ as graciosas Rianxeiras,

Pó-los redondos peïños,

Pó-las cabeleiras crechas

[p. 47]Pó-los morenos lunares,

E pó-las agudas lenguas,

Qu’ abofé qu’ en todo pican

Como si fosen pementa.

Veñen dempois recatadas,

Anqu’ un pouquiño soberbias

Por aquelo qu’ elas saben

D’ antigüedad, e nobresa

(Pois por acá todos somos

Tal coma Dios nos fixera),

As meniñas ben compostas

D’ unha vila quisquilleira,

Que por onde van parece

Que van dicindo: «¡Canela!

¿Prantamos ou non prantamos

A cantas hay n’ esta terra?»

Mais si prantan ou non prantan,

Non son eu quen ó dixera,

Que fora pouca cordura,

Que fora farta llanesa.

Baste desir que xuntiñas

Todas na porta da ygrexa

Máis bonitas parecían

Qu’ un ramiño de asucenas;

Máis frescas qu’ unha leituga,

Máis sabrosiñas que fresas.

Xa que fosen de Rianxo,

Que fosen de Redondela,

De Camariñas ou Laxe,

[p. 48]De Laxe ou de Pontareas,

Todas eran tan bonitas,

Todas tan bonitas eran,

Qu’ o de máis duras entrañas

Der’ as entrañas por elas...

Por eso se derretían,

Cal si foran de manteiga,

Diante delas os rapaces,

Os rapaciños da festa,

Os mariñeiros do mare,

Que dond’ á Virxen viñeran,

Por qu’ á Virxen os salvara

De naufragar na tormenta.

Mais si salvaron no mare,

Non se salvarán na terra;

Mariñeiros, mariñeiros,

Qu’ aquí tamén hay tormentas

Qu’ afogan corasonciños

Sin que lle vallan ofertas,

Qu’ oye á Virxe os que s’ afogan

Do mar antr’ as ondas feras,

Mas non oye os namorados,

Que d’ afogarse s’ alegran.

II

Ramo de froles parece,

Muxía á das altas penas

Con tanta rosa espallada

[p. 49]N’ aquella branca ribeira,

Con tanto carabeliño

Que relose antr’ as areas,

Con tanta xente que corre

Que corr’ e se sarandea

O son das gaitas que tocan

E das bombas que reventan;

Uns que venden limoada,

Outros augua que refresca,

Aqueles dulces resolio

Con rosquilliñas d’ almendra,

Os de máis alá sandías

Con sabrosas sirigüelas,

Mentras tanto qu’ algún cego

O son d’ alegre pandeira,

Toc’ un carto de guitarra

Para que bailen as nenas.

¡Bendita á Virxe da Barca,

Bendita por sempre sea!

¡Miña Virxen milagrosa,

En que tantos se recrean!

Todos van por visitala,

Todos alí van por vela

Na sua barca dourada,

Na sua barca pequena,

Dond’ están dous anxeliños,

Dous anxeliños que reman.

Alí chegou milagrosa

Nunha embarcaçón de pedra,

Alí, porque Dios ó quixo,

[p. 50]Sempre adoradores teña.

A pedra vala que vala,

Sírvelle de centinela,

E mentras dormen os homes,

El’ adoraçón lle presta

Con aquel son campanudo

Qu’ escoitar lonxe se deixa,

E á quen ó mar con bramidos

Humildosos lle contesta.

Cando as campanas repican

E á música retumbea,

Cal nun ceo, pó-las naves

Da recollidiña ygrexa,

Cand’ os foguetes estalan

Nos aires, e voces frescas

Pó-lo espaço, c’ as gaitiñas

E c’ os tambores se mescran,

Estonces a pedra vala

Tan alegr’ e tan contenta,

Qu’ anqu’ un cento de presoas

Brinca e salta enriva dela,

Coma si fose mociña,

Máis que unha pruma lixeira,

Alegre com’ unhas pascuas

Salta e rebrinca con elas.

Choven estonces presentes,

Choven estonces ofertas,

Que lle traen os romeiros

En feitiñas carabelas,

Diante da Virxe bendita,

[p. 51]Os pes da sagrada Reina,

E por eso alí lle cantan

Cando se despiden d’ ela:

Nosa Señora da Barca

Ten ó tellado de pedra;

Ben ó pudera ter d’ ouro

Miña Virxe, si quixera.


[p. 53]

VII

Fun un domingo,

Fun pó-la tarde,

Có sol que baixa

Tras dos pinares,

C’ as nubes brancas

Sombra dos ánxeles,

C’ as palomiñas

Qu’ as alas baten,

Con un batido

Manso e suave,

Atravesando

Vagos celaxes,

Mundos extraños

Qu’ en rayos parten,

Ricos tesouros

D’ ouro e diamante.

Pasin os montes,

Montes e valles,

Pasin llanuras

E soedades;

Pasin os regos,

[p. 54]Pasin os mares,

Con pes enxoitos

E sin cansarme.

Colleum’ a noite,

Noite brillante,

C’ unha luniña

Feita de xaspes,

E fun con ela

Camiño adiante,

C’ as estreliñas

Para guiarme,

Qu’ aquel camiño

Sólo elas saben.

Dempois á aurora

Có seu sembrante,

Feito de rosas

Veu á alumbrarme;

E vin estonces,

Antr’ o ramaxe

D’ olmos é pinos

Acobexarse,

Branca casiña

Con palomare,

Dond’ as pombiñas

Entran e sayen.

N’ ela s’ escoitan

[p. 55]Doçes cantares,

N’ ela garulan

Mozos galantes

C’ as rapaciñas

D’ outros lugares.

Tod’ é contento,

Tod’ é folgare,

Mentras a pedra

Bate que bate,

Mole que mole,

Dalle que dalle;

Con lindo gusto

Faille compases.

Non hay sitiño

Que máis m’ agrade

Qu’ aquel muhiño

D’ os castañares,

Dond’ hay meniñas,

Dond’ hay rapaces

Que ricamente

Saben loitare.

Donde rechinan

Hasta cansarse

Mozos e vellos,

Nenos é grandes;

E anque non queren

Qu’ aló me baixe,

Sin qu’ o soupera

Na casa naide,

[p. 56]Fun ó mohiño

D’ ó meu compadre,

Fun pó-lo vento,

Vin pó-lo aire.


[p. 57]

VIII

Un repoludo gaitero

De pano sedán vestido,

Com’ un príncipe cumprido,

Cariñoso e falangueiro,

Antr’ os mozos o pirmeiro

E nas siudades sin par,

Tiña costum’ en cantar

Aló pó-la mañanciña:

Con esta miña gaitiña

As nenas ei d’ engañar.

Sempre pó-la vila entraba

Con aquel de señorío,

Sempre con poxante brío

Co tambor s’ acompasaba:

E si na gaita sopraba,

Era tan doçe soprar,

Que ven fixera en cantar

Aló pó-la mañanciña:

Con esta miña gaitiña

As nenas ei d’ engañar.

[p. 58]Todas por él reloucaban,

Todas por él se morrían,

S’ ó tiñan cerca, sorrían,

S’ ó tiñan lonxe, choraban.

¡Mal pecado!, non coidaban

Que c’ aquel seu frolear

Tiña costum’ en cantar

Aló pó-la mañanciña:

Con esta miña gaitiña

As nenas ei d’ engañar.

Camiño da romería,

Debaixo d’ unha figueira,

Canta meniña solteira

¡Quérote!, lle repetía...,

Y él c’ á gaita respondía

Por á todas envoucar,

Pois ven fixeira en cantar

Aló pó-la mañanciña:

Con esta miña gaitiña

As nenas ei d’ engañar.

Elas louquiñas bailaban

E por xunta d’ él corrían,

Cegas..., cegas que no vían

As espiñas qu’ as cercaban;

Probes palomas, buscaban

A luz qu’ as iba queimar,

Pois qu’ él soupera cantar

Aló pó-la mañanciña:

[p. 59]Ó son da miña gaitiña

As nenas ei d’ engañar.

¡Nas festas, cánto contento!

¡Cánta risa nas fiadas!

Todas, todas namoradas

Deranll’ ó seu pensamento;

Y él que d’ amores sedento

Quixo á todas engañar,

Cand’ as veu dimpois chorar

Cantaba nas mañanciñas:

Non sean elas toliñas,

Non veñan ô meu tocar.


[p. 61]

IX

Díxome nantronte ó Cura

Qu’ é pecado...

Mais aquel de tal fondura

Como ó facer desbotado.

Dalle que dalle ó argadelo,

Noite é día,

E pensa e pensa n’ aquelo,

Porfía que te porfía...

Sempre malla que te malla,

Enchendo á cunca,

Porque ó que ó diantre traballa

Din que acaba tarde ou nunca.

Canto máis digo ¡arrenegado!,

¡Demo fora!,

Máis ó demo endemoncrado,

M’ atenta dempois y agora.

Mais ansias teño, mais sinto,

¡Rematada!,

[p. 62]Que non me queira Xacinto

Nin solteira nin casada.

Porque d’ este ou d’ outro modo,

A verdá digo,

Quixera atentalo e todo,

Como m’ atenta ó enemigo.

¡Que é pecado..., miña almiña!

Máis que sea;

¿Cál non vay, s’ é rapaciña,

Buscando ó que ben desea?

Nin podo atopar feitura,

Nin asento,

Que me está dando amargura

Sempre este mal pensamento.

Din que parês lagarteiro

Desprumado,

S’ é verdad, ¡meu lagarteiro

Ten-m’ ó coraçón prendado!

«Cara de pote fendido»,

Ten d’ alcume;

Mellor que descolorido

Queróo tostado de lume.

S’ elas calente miraran

Meu amore,

[p. 63]Nin toliña me chamaran,

Nin ti me fixeras dore.

Vino unha mañana d’ orballo,

Á mañecida,

Durmindo ô pe d’ un carballo,

Enriba d’ a erba mollida.

Arrimeime paseniño

A sua veira,

E sospiraba mainiño

Como brisa mareeira.

E tiña á boca entr’ aberta,

Com’ un neno

Que mirand’ ó ceu desperta

Deitadiño antr’ ó centeno.

Y as guedellas enrisadas

Lle caían,

Cal obellas en manadas,

Sobre as froliñas que abrían.

¡Meu Dios! ¡Quén froliña fora,

Das d’ aquelas...

Quen as erbas qu’ en tal hora,

O tiñan pretiño d’ elas!

¡Quén xiada, quén orballo,

Qu’ ó mollou!

[p. 64]¡Quén aquel mesmo carballo

Que c’ as pónlas ó abrigou!

Mentras qu’ así ó contempraba

Rebuleu,

E pensei que me afogaba,

O corazonciño meu.

Bate que bate, batía

Sin parar,

Mais eu tembrando decía,

Agora ll’ ei de falar.

E volveu á rebulir

Muy paseniño,

¡Ay!, e votei á fuxir,

Lixeira pó-lo camiño.

Despois chora que te chora

Avergonzada,

Dixen:—S’ el non me namora,

Non lle direi nunca nada.

E non me namora, non,

¡Maldizoado!

Mentras ó meu coraçón

Quérelle anque sea pecado.

E vai tras d’ outras mociñas

Tan contento,

[p. 65]Y eu, con unhas cadiñas

Prendino ô meu pensamento.

E que queira que non queira,

Está conmigo,

Y á postre, y á derradeira,

Con él m’ atenta ó enemigo.

¡Sempre malla que te malla

Enchendo á cunca!

Y é qu’ ó qu’ ó demo traballa,

Acabará tarde ou nunca.

Por eso, anqu’ ó Cura dixo

Qu’ é pecado,

Mal que tanto mal me fixo,

Nunca ó darei desbotado.


[p. 67]

X

«Quixente tanto, meniña,

Tivenche tan grande amor,

Que para min eras lua,

Branca aurora e craro sol,

Augua limpa en fresca fonte,

Rosa do xardín de Dios,

Alentiño do meu peito,

Vida do meu corazón.»

Así che falín un día

Camiñiño de San Lois,

Tod’ oprimido d’ angustia,

Todo ardente de pasión;

Mentras que ti m’ escoitabas,

Depinicando unha frol,

Por qu’ eu non vise os teus ollos

Que refrexaban traiciós.

Dempois que me dixeches,

En proba de teu amor,

Décheme un carabeliño,

Que gardín no corazón.

¡Negro carabel maldito

[p. 68]Que me fireu de dolor!...

Mais á pasar pó-lo río

¡O carabel afondou!...

«Tan bó camiño ti leves

Com’ ó carabel lebou.»


[p. 69]

XI

Campanas de Bastabales,

Cando vos oyo tocar,

Mórrome de soidades.

I

Cando vos oyo tocar,

Campaniñas, campaniñas,

Sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,

Penso que por min chamades,

E das entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,

Qu’ antes tiña vida enteira

Y oxe teño media vida.

[p. 70]Sólo media me deixaron

Os que d’ aló me trouxeron,

Os que d’ aló me roubaron.

Non me roubaran, traidores,

¡Ay!, uns amores toliños,

¡Ay!, uns toliños amores.

Qu’ os amores xa fuxiron,

As soidades viñeron...

De pena me consumiron.

II

Aló pó-la mañanciña

Subo enriva dos outeiros

Lixeiriña, lixeiriña.

Com’ unha craba lixeira,

Para oir das campaniñas

A batalada pirmeira.

A pirmeira d’ alborada

Que me traen os airiños,

Por me ver máis consolada.

[p. 71]Por me ver menos chorosa,

Nas sus alas má traen

Rebuldeira e queixumbrosa.

Queixumbrosa e retembrando

Por antr’ a verd’ espesura,

Por antr’ o verde arborado.

E pó-la verde pradeira,

Por riba da veiga llana

Rebuldeira e rebuldeira.

III

Paseniño, paseniño,

Vou pó-la tarde calada,

De Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;

Y en tant’ o sol non s’ esconde,

Nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando

Cóm’ á lua vay sahindo,

Cóm’ ó sol se vay deitando.

[p. 72]Cál se deita, cál s’ esconde,

Mentras tanto corre á lua

Sin saberse para dónde.

Para dónde vay tan soya,

Sin qu’ á os tristes qu’ á miramos

Nin nos fale nin nos oya.

Que si oira e nos falara,

Moitas cousas lle dixera,

Moitas cousas lle contara.

IV

Cada estrela, o seu diamante;

Cada nube, branca pruma,

Trist’ á lua marcha diante.

Diante marcha crarexando

Veigas, prados, montes, ríos,

Dond’ ó día vay faltando.

Falt’ ó día, e noit’ escura

Vaixa, vaixa pouc’ á pouco,

Por montañas de verdura.

[p. 73]De verdur’ e de follaxe,

Salpicada de fontiñas

Vaixo á sombra do ramaxe.

Do ramaxe donde cantan

Paxariños piadores,

Que c’ aurora se levantan.

Que c’ á noite s’ adormecen

Para que canten os grilos

Que c’ as sombras aparecen.

V

Corre ó vento, ó río pasa,

Corren nubes, nubes corren

Camiño da miña casa.

Miña casa, meu abrigo:

Vanse todos, eu me quedo

Sin compaña nin amigo.

Eu me quedo contemprando

As laradas d’ as casiñas

Por quen vivo sospirando.

[p. 74]Ven á noite..., morre ó día,

As campanas tocan lonxe

O tocar d’ Ave María.

Elas tocan pra que rece,

Eu non rezo, qu’ os saloucos

Afogándome parece

Que por min tên que rezar;

Campanas de Bastabales,

Cando vos oyo tocar,

Mórrome de soidades.


[p. 75]

XII

I

Vint’ unha crara noite,

Noitiña de San Xoán,

Poñend’ as frescas herbas

Na font’ á serenar.

E tan bonit’ estabas,

Cal rosa no rosal,

Que d’ orballiño fresco

Toda cubert’ está.

Por eso namorado,

Con manso sospirar

Os meus amantes brazos

Voteiche pó-lo ban.

E ti con doçes ollos

E máis doçe falar,

Meiguiña m’ envoucastes

En pracido solás.

As estrelliñas todas

Qu’ aló no espaço están,

Sorrindo nos miraban

[p. 76]Con soave craridá.

E foron, ¡ay!, testigos

D’ aquel teu sospirar

Qu’ ô meu correspondía

Con amoriño igual.

Pero dempois con outros

Máis majos e galans

(Mais non que máis te queiran,

Qu’ haber non haberá),

Tamén, tamén, meniña,

Soupeches praticar

A sombra dos salgueiros

Cabo do romeiral.

Por eso eu che cantaba

En triste soledá,

Cando, ¡ay de min!, te vía

Con eles parolar.

Coida, miña meniña,

Das práticas que dás,

Que donde moitos cospen,

Lama fan.

II

¡Qué triste agora te vexo!...

¡Qué triste, nena, estás!...

¿Os teus frescos colores,

Dónde, meniña, van?

¿O teu mirar sereno,

O teu doçe cantar,

[p. 77]Dónde, meniña, dónde,

Coitada toparás?

Xa non te vin, meniña,

Na noite de San Xoán

Poñend’ as frescas herbas

Na font’ á serenar.

Xa non te vin fresquiña

Cal rosa nó rosal,

Que muchadiña estabas

De tanto saloucar.

Hôra de dor ferida

Buscando á honriña vas,

Á honriña que perdeches,

Mais ¿quén ch’ á volverá?

Eu ben, miña meniña,

Ben ch’ á quixera dar,

Qu’ aquel que ben te quixo

Dóise de verte mal.

Mais anque dir, eu diga,

Que limpa, nena estás,

Respóndenme sorrindo

Por se de min bulrar.

«Ben sabes, Farruquiño,

Farruco dó Pombal,

Que donde moitos cospen,

Lama fan


[p. 79]

XIII

San Antonio bendito,

Dádeme un home,

Anque me mate,

Anque m’ esfole.

Meu santo San Antonio

Daime un homiño,

Anqu’ ó tamaño teña

D’ un gran de millo.

Daimo, meu santo,

Anqu’ os pes teña coxos,

Mancos os brazos.

Unha muller sin home...

¡Santo bendito!

É corpiño sin alma,

Festa sin trigo.

Pau viradoiro,

Qu’ onda queira que vaya

Troncho que troncho.

[p. 80]Mais en tend’ un homiño,

¡Virxe do Carme!,

Non hay mundo que chegue

Para un folgarse.

Que zamb’ ou trenco,

Sempr’ é bó ter un home

Para un remedio.

Eu sey d’ un que cobiça

Causa miralo,

Lanzaliño de corpo,

Roxo e encarnado.

Carniñas de manteiga,

E palabras tan doçes

Cal mentireiras.

Por él peno de día,

De noite peno,

Pensando nós seus ollos

Color de ceo.

Mais el xa doito,

D’ amoriños entende,

De casar pouco.

Facé, meu San Antonio,

Qu’ onda min veña,

[p. 81]Para casar conmigo,

Nena solteira.

Que levo en dote

Unha culler de ferro,

Catro de boxe.

Un hirmanciño novo

Que xa ten dentes,

Unha vaquiña vella

Que non da leite...

¡Ay!, meu santiño,

Facé que tal suceda

Cal vo lo pido.

San Antonio bendito,

Dádeme un home,

Anque me mate,

Anque m’ esfole.

Que zamb’ ou trenco,

Sempr’ é bó ter un home

Para un remedio.


[p. 83]

XIV

Acolá enriba

Na fresca montaña,

Qu’ alegre se crobe

De verde retama,

Meniña morena

De branco vestida,

Nubiña parece

No monte perdida.

Que xira, que corre,

Que torna, que pasa,

Que rola, e mainiña

Serena se para.

Xa embolta se mira

N’ espuma que salta,

Do chorro que ferve

Na rouca cascada.

Xa erguida na punta

De pena sombrisa,

Inmoble cal virxe

De pedra se mira.

A cofia de liño

A os ventos soltada,

[p. 84]As trenzas descoida

Qu’ os aires espallan;

Tendida-las puntas

Do pano de seda,

As alas d’ un ánxel

De lonxe semellan.

Si as brisas da tarde

Xogando con elas

As moven ca gracia

Qu’ un ánxel tivera.

Eu penso, ¡coitado

De min!, que me chaman

Si as vexo bulindo

Na verde enramada,

Mas ¡ay!, qu’ os meus ollos

M’ engañan traidores,

Pois vou, e lixeira

Na niebra s’ esconde;

S’ esconde outras veces

Na sombra dos pinos

E cant’ escondida

Cantares dulciños,

Qu’ abrasan, que firen,

Ferida d’ amor,

Que teño feitiña

No meu coraçón.

¡Qué feita, qué linda,

Qué fresca, qué branca,

Dou Dios á meniña

[p. 85]Da verde montaña!

¡Qu’ hermosa parece,

Que chore, que xima;

Cantando, sorrindo,

Disperta, dormida!

¡Ay!, si seu pay

Por regalo ma dera,

¡Ay!, non sentira

No mundo máis penas.

¡Ay!, que por tela

Conmigo por dama,

Eu llá vestira,

Eu llá calzara.


[p. 87]

XV

Adiós ríos, adiós fontes,

Adiós regatos pequenos,

Adiós vista dos meus ollos,

Non sei cándo nos veremos.

Miña terra, miña terra,

Terra donde m’ eu criei,

Hortiña que quero tanto,

Figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,

Pinares que move ó vento,

Paxariños piadores,

Casiña do meu contento.

Muhiño d’ os castañares,

Noites craras de luar,

Campaniñas timbradoras

Da igrexiña dó lugar.

Amoriñas d’ ás silveiras

Qu’ eu lle dab’ ó meu amor,

Camiñiños antr’ ó millo,

¡Adiós para sempr’ adiós!

[p. 88]¡Adiós groria! ¡Adiós contento!

¡Deixo á casa onde nacín,

Deixo á aldea que conoço,

Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,

Deixo a veiga pó-lo mar,

Deixo, en fin, canto ben quero...

¡Qué pudera non deixar!...

Mais son probe, e mal pecado,

A miña terra n’é miña,

Qu’ hastra lle dan de prestado

A veira por que camiña

Ó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,

Hortiña que tanto amei,

Fogueiriña do meu lar,

Arboriños que prantei,

Fontiña do cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,

Herbiñas do camposanto,

Donde meu pay s’ enterrou,

Herbiñas que biquey tanto,

Terriña que nos criou.

Adiós, Virxe d’ Asunción,

Branca com’ un serafín,

[p. 89]Lévovos no coraçón:

Pedídelle á Dios por min,

Miña Virxe d’ Asunción.

Xa s’ oyen lonxe, moy lonxe,

As campanas do pomar,

Para min, ¡ay!, coitadiño,

Nunca máis han de tocar.

Xa s’ oyen lonxe, máis lonxe...

Cada balada é un dolor;

Voume soyo, sin arrimo...

Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...

Adiós por sempre quizáis!...

Dígoch’ este adiós chorando

Desd’ á veiriña do mar.

Non m’ olvides, queridiña,

Si morro de soidás...

Tantas legoas mar adentro...

¡Miña casiña!, ¡meu lar!


[p. 91]

XVI

Eu ben vin estar ó moucho

Enriba d’ aquel penedo:

¡Non che teño medo, moucho,

Moucho, non che teño medo!

I

Unha noite, noite negra,

Com’ os pesares qu’ eu teño,

Noite filla das sombrisas,

Alas que extenden os medos;

Hora en que cantan os galos,

Hora en que xemen os ventos,

En qu’ as meigas bailan, bailan,

Xuntas có demo pirmeiro,

Arrincando verdes robres,

Portas e tellas fendendo,

Todas de branco vestidas,

Tendido-los brancos pelos

Contra quen os cans oubean

Agoirando triste enterro;

[p. 92]Cando relumbrar se miran

Antr’ os toxales espesos,

Cal encendidas candeas

Ollos de lobo famento,

E os ramallaxes dos montes

Antre sí murmuxan quedos,

E as follas secas qu’ espallan

Os aires da noite inquietos

En remuiños se xuntan

Con longo estremecemento;

Indo camiño da igrexa,

Soya cós meus pensamentos

Cabo da fonte da Virxe

Pretiño do cimenterio,

Dempois de sentir un sopro

Que me deixou sin alento:

Eu ben vin estar ó moucho

Enriba d’ aquel penedo.

II

Arrepuïñadas todas

As carnes se me puñeron,

E os cabelos no curuto

Fórons’ erguendo direitos:

Gotas de sudor corrían

Afio pó-lo meu peito,

E tembraba como tremban

As auguas cando fay vento,

[p. 93]Ná pia da fonte nova

Que sempre está revertendo.

Aquel moucho alí fincado,

Cal si fose ó mesmo demo,

Fito á fito me miraba

Có seus ollos rapiñeiros,

Que coidei que me roubaban

Non máis que de lonxe velos.

De lume me paresían

E que me queimaron penso;

Penso qu’ eran tizós roxos

Da fogueira dos infernos

Que pó-las niñas me entraron

Hastr’ ó coraçón dereitos.

En él remorsos había

D’ amoriños pecadentos...

¡Ay, quen ten d’ eses amores

Non pod’ achar bon sosiego!

Chovía si Dios ten augua,

Ventaba en tódo-los ventos,

E ensarrapicada toda

A camiñar non m’atrevo,

Qu’ ó moucho, fita que fita,

M’ aspera na quel penedo,

Mais acordeime da Virxe

Que sempre conmigo levo,

Résoll’ un Ave-María,

E cobrando novo alento,

Com’ os páxaros do mare,

[p. 94]Nadando paso ó regueiro;

Corro á enriba dó valado,

Brinco en baixo dó portelo,

E dend’ alí, berro entonces

Con cantas forzas eu teño:

Non che teño medo, moucho,

Moucho, non che teño medo.


[p. 95]

XVII

Airiños, airiños aires,

Airiños da miña terra;

Airiños, airiños aires,

Airiños, levaime á ela.

Sin ela vivir non podo,

Non podo vivir contenta,

Qu’ adonde queira que vaya,

Cróbeme unha sombra espesa.

Cróbeme unha espesa nube

Tal preñada de tormentas,

Tal de soidás preñada,

Qu’ á miña vida envenena.

Levaime, levaime airiños,

Com’ unha folliña seca,

Que seca tamén me puxo

Á callentura que queima.

¡Ay!, si non me levás pronto,

Airiños da miña terra;

Si non me levás, airiños,

Quisáis xa non me conesan.

Qu’ á frebe que de min come,

Vaime consumindo lenta,

[p. 96]E no meu coraçonciño

Tamén traidora se ceiba.

Fun n’ outro tempo encarnada

Com’ á color da sireixa,

Son oxe descolorida

Com’ os cirios d’ as igrexas,

Cal si unha meiga chuchona

Á miña sangre bebera.

Voume quedando muchiña

Com’ unha rosa qu’ inverna;

Voume sin forzas quedando,

Voume quedando morena,

Cal unha mouriña moura,

Filla de moura ralea.

Levaime, levaime, airiños,

Levaime adonde m’ esperan

Unha nay que por min chora,

Un pay que sin min n’ alenta,

Un hirmán por quen daría

Á sangre d’ as miñas venas,

E un amoriño á quen alma

E vida lle prometera.

Si pronto non me levades,

¡Ay!, morrerei de tristeza,

Soya n’ unha terra extraña,

Dond’ extraña m’ alomean,

Donde todo canto miro

Todo me dic’ ¡extranxeira!

[p. 97]¡Ay miña probe casiña!

¡Ay miña vaca bermella!

Años, que valás nos montes,

Pombas, qu’ arrulás nas eiras,

Mozos, qu’ atruxás bailando,

Redobre d’ as castañetas,

Xas-co-rras-chás d’as cunchiñas,

Xurre-xurre d’ as pandeiras,

Tambor do tamborileiro,

Gaitiña, gaita gallega,

Xa non m’ alegras dicindo:

¡Muiñeira!, ¡muiñeira!

¡Ay, quén fora paxariño

De leves alas lixeiras!

¡Ay, con qué prisa voara

Toliña de tan contenta,

Para cantar á alborada

Nos campos da miña terra!

Agora mesmo partira,

Partira com’ unha frecha,

Sin medo as sombras da noite,

Sin medo da noite negra.

E que chovera ou ventara,

E que ventara ou chovera,

Voaría, e voaría

Hastra qu’ alcansase á vela.

Pero non son paxariño

E irey morrendo de pena,

Xa en lágrimas convertida,

Xa en suspiriños desfeita.

[p. 98]Doçes galleguiños aires,

Quitadoiriños de penas,

Encantadores d’ as auguas,

Amantes d’ as arboredas,

Música d’ as verdes canas,

Do millo d’ as nosas veigas,

Alegres compañeiriños,

Run-run de tóda-las festas,

Levaime nas vosas alas

Com’ unha folliña seca.

Non permitás qu’ aquí morra,

Airiños da miña terra,

Qu’ ainda penso, que de morta

Ei de sospirar por ela.

Ainda penso, airiños aires,

Que dimpois que morta sea,

E aló pó-lo camposanto,

Dond’ enterrada me teñan,

Pasés na calada noite

Runxindo antr’ á folla seca,

Ou murmuxando medrosos

Antr’ as brancas calaveras,

Inda dimpois de mortiña,

Airiños da miña terra,

Éivos de berrar: ¡Airiños,

Airiños, levaime á ela!


[p. 99]

XVIII

Á Ó SR. D. CAMILO ÁLVAREZ E CASTRO
CHANTRE DA CATEDRAL DE SALAMANCA

I

Roxiña cal sol dourado,

Garrida cal fresca rosa,

Iba pó-lo monte hermosa

Có branco pe descalzado...

Copo de neve pousado,

Deslumbrando á luz do día,

Tan branco pe parecía.

As longas trenzas caídas,

Con quen os ventos xogaban,

Ondiñas d’ ouro formaban

Na branca espalda tendidas;

Apertadas e bruñidas

Qu’ espigas eran, coidara

O que de lonxe as mirara.

[p. 100]Tiñan os cores do mare,

Os seus olliños dormentes,

Máis doçes, máis transparentes,

Naide os poidera encontrare;

Naide velos sin amare

O coraçón sin falsía,

Que por antr’ eles se vía.

Levaba na frente á yalma,

Nos doçes labios á risa,

Auguiña que ó vento enrisa,

Pousaba no fondo en calma.

Tal como gallarda palma

Cimbrase con folgura

A delgadiña cintura.

Ó par da brisa temprada

Qu’ antr’ os salgueiros corría,

Ela correndo seguía

Unha veiriña encantada.

Qu’ alí mansa e sosegada

Manaba unha fresca fonte

Cabo da falda do monte.

II

Franca, pura, sin enganos,

Canta, canta, garruleira,

[p. 101]Ó pe da verde silveira

Laband’ os seus brancos panos.

Ó son dos romores vanos

Que nacen cá mañanciña,

Lava, lava na fontiña.

Xunto d’ ela os paxariños

Gorgorexan qu’ é un contento,

Faille festiñas ó vento

C’ os seus hirmáns os airiños.

Os pastores, coitadiños,

Cantanlle ó doçe a... la... la...

Que lengua de amores fala.

Ela honesta está escoitando,

Mais con sospiros responde,

Qu’ aló garda non sei dónde

Saudades de non sei cándo.

Os paniños vay lavando

E á tendelos s’ apresura

Nun campiño de verdura.

Dempois no rego que pasa,

Verte unha vagoa serena,

Filla da escondida pena

Qu’ o seu peitiño traspasa.

Pois que d’ amores s’ abrasa

[p. 102]Aquela qu’ é fresca rosa

Tan amante como hermosa.

Compañeiras van chegando

Cal máis á máis ven portada,

Xarros de louza vidrada,

Antr’ os seixos van pousando.

Cay á auguiña mormuxando,

Brancas vinchas se levantan,

As meniñas cantan..., cantan.

As estrelas van fuxindo

A espesa niebra enrarece,

O arboriño que frorece

Por antr’ ela vay sahindo.

O craro sol vay subindo

Por riba do firmamento,

Limpo, garrulo e contento.

Arredor tod’ arrescende

A olido de primadera,

Y á ló n’ azulada esfera

Fogax de groria s’ encende.

Mais á meniña n’ atende

Si non á ó dor ¡mal pecado!

Que ten no peito encravado.

[p. 103]Danll’ extrañeza os cantares,

Danlle de chorar deseyos,

Y os ollos de vagoas cheyos,

Pensa nos nativos lares.

Que n’ hay máis tristes pesares,

Máis negra malencolía

Qu’ á qu’ entr’ extraños se cría.

Paxariños, verde prado,

Branca lua e sol ardente,

Todo consolo é impotente

En mal tan desconsolado.

Todo contento é trubado

Pó-la peniña sin fondo

Qu’ hay no coraçón abondo.

Por eso á meniña hermosa,

Foxe d’ alegre fontiña,

Tal como triste ovelliña

Que trema de dor queixosa.

Vay sentida, vay chorosa,

Mentras lle cantan con saña:

«¡Da montaña!, ¡da montaña!»

Y ela, que de tal s’ extraña,

Ferida no que máis sinte,

[p. 104]Qu’ á maltraten non consinte,

Y así lles contesta huraña:

Anque ché son da montaña,

Anque ché son montañesa,

Anque ché son, non me pesa.


[p. 105]

XIX

Pasa río, pasa río,

Có teu maino rebulir;

Pasa pas’ antr’ as froliñas

Color d’ ouro e de marfil,

A quen c’ os teus doçes labios

Tan doçes cousas lles dis.

Pasa, pasa, mais non vexan

Que te vas á ó mar sin fin,

Porqu’ estonces ¡ay, probiñas,

Cánto choraran por ti!

¡Si souperas qu’ extrañeça,

Si souperas qué sofrir

Desque dél vivo apartado

O meu coraçón sentiu!

Tal m’ acoden as soidades,

Tal me queren afrixir,

Qu’ inda máis feras m’ afogan,

Si as quero botar de min.

Y ¡ay, que fora das froliñas

Vendote lonxe de si

Ir pó-la verde ribeira,

Da ribeira dô Carril!

[p. 106]Pasa, pasa, caladiño,

Có teu manso rebulir,

Camiño dô mar salado,

Camiño dô mar sin fin;

E leva estas lagrimiñas,

Si as de chegar por alí,

Pretiño dos meus amores,

Pretiño dô meu vivir.

¡Ay, quén lagrimiña fora

Prá ir, meu ben, xunta ti!...

¡Quén fixera un caminiño

Para pasar, ay de min!

Si á mar tibera barandas

Fórate ver á o Brasil;

Mais á mar non ten barandas,

Amor meu, ¿por don’ ey d’ ir?


[p. 107]

XX

—Hora, meu meniño, hora,

¿Quen vos ha de dar á teta,

Si tua nay vay no muhiño,

E teu pay na leña seca?

Eu cha dera, miña xoya,

Con mil amores cha dera,

Hastra rebotar meu santo,

Hastra que máis non quixeras,

Hastra verte dormidiño

Con esa boca tan feita,

Sorrindo todo fartiño,

Cal ubre de vaca cheya.

Mais ¡ay, qué noite che agarda!

Mais ¡ay, qué noite ch’ espera!

Qu’ anque duas fontes teño,

Estas fontiñas non deitan.

Hora, meu meniño, hora,

Cánto chorarás por ela,

Sin ter con que t’ acalente,

Sin ter con que t’ adormeça,

[p. 108]Que soyo, soyo quedaches

Com’ unha ovelliña enferma,

Tremando, malpocadiño,

Com’ as ovelliñas treman.

Sin cobirtor que te cruba

Nunhas palliñas te deitan

E neve e chuvia en ti caen

Por antr’ as fendidas tellas.

E silva ó vento que pasa

Pó-las mal xuntadas pedras,

E cal coitelo afilado

No teu corpiño se ceiba.

¡Ay, cando veña tua nay!

¡Ay, cando ch’ á tua nay veña!

Cal te topará, meniño,

Frío com’ á neve mesma,

Para chorar sin alento,

Rosiña que os ventos creban...

¡Ay, más valera, meniño,

Que quen te dou non te dera!

Qu’ os fillos dos probes nacen,

Nacen para tales penas.

Así se expricaba Rosa

Nó medio da noite negra,

O pe d’ unha negra porta,

Toda de lañas cuberta.

Mentras tanto murmuxaban

Por entr’ á robreda espesa

Do río as revoltas agoas

[p. 109]E os berridos da tormenta.

Tod’ era sombras no ceo,

Tod’ era loito na terra,

E parece qu’ á compaña

Bailab’ antras as arboredas

C’ as chuchonas enemigas,

E c’ as estricadas meigas.

En tanto un choro soave

Sentir no espaço se deixa,

Tal como gaita tocada

Nunh’ alborada serena;

Tal como lexana frauta

Cand’ ó sol no mar se deita,

Cuyo son nos tray ó vento

C’ os cheiriños da ribeira.

No medio da chouza escura

Que triste Rosa contempra,

Unha luz branca se mira

Com’ aurora que comença.

Olido de frescas rosas

Os aires da noite incensan,

Cal si todas se xuntaran

As froles da primadera;

Soan cantares extraños,

Soan músicas que alegran;

Músicas son e cantares

Nunca sentidos na terra,

Por eso, pasmada Rosa,

[p. 110]Pouquiño á pouco s’ achega,

E por unha regandixa

Postrada no chan axexa.

Nunca humanos ollos viron

O que veu estonces ela,

Que si non morreu estonces

Foy porque Dios no quixera:

De resplandecente groria

Rayos d’ amor se refrexan

Do abandonado meniño,

Sobr’ á dourada cabeça;

E porqu’ esté máis contento,

E porque máis s’ entreteña,

Cabe ó seus peïños crecen

Frescos ramos de azucenas.

Xa non dorm’ en probe cuna,

Qu’ outro berce lle fixeron

C’ as alas os anxeliños

E có seu lume as estrellas.

Nubes de color de rosa

Fanlle branda cabeceira,

Sírvelle de cubertura

Un rayo de luna cheya,

Y á Virxen santa, vestida

Con vestido de inocencia,

Por que de fame non morra

E fartiño s’ adormeça,

Dalle maná do seu peito

Con qu’ os seus labios refresca.

[p. 111]Mentras ó mundo existise,

Rosa mirando estibera

Con tanta groria encantada,

Con tanta dicha suspensa;

Mais unha voz lonxe s’ oye

Por antr’ os olmos da veiga,

Que cantando amorosiña

S’ exprica de esta maneira:

«Hora, meu meniño, hora,

Logo che darey á teta,

Hora, meu meniño, hora,

Xa non chorarás por ela.»

Esto cantaron. En tanto

Có á Virxe desapareceran

Os anxeliños, deixando

En derredor noite espesa.

Xa se sinten as pasadas

Por xunto da corredeira;

Xa saltaron ó portelo,

Xa cerraron á cancela...

A probe nay corre, corre,

Qu’ ó seu filliño ll’ espera;

Mais cando chega, dormido

O seu filliño contempra.

Dill’ estonces, mentras tanto

Qu’ en bicalo se recrea:

—Miña xoya, miña xoya,

Miña prenda, miña prenda,

[p. 112]¿Qué fora de ti, meu santo,

Si naiciña non tiberas?

¿Quén, meu fillo, te limpara,

Quén á mantença che dera?

—O que manten as formigas

E os paxariños sustenta.—

Dixo Rosa, y escondeuse

Por antr’ á nebrina espesa.


[p. 113]

XXI

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

I

Pasan n’aquesta vida

Cousiñas tan extrañas,

Tan raros feitos vense

Neste mundo de trampa;

Tantos milagres vellos

Tan novas insinanzas,

E tan reboltos allos

Con nome d’ensaladas,

Que non che digo nada...

¡Pero vaya!

Meniña, ven vestida;

Meniña, ven calzada,

Que ten roupa de cote,

Que ten roupa de garda;

[p. 114]Meniña, que ben folga,

Meniña, qu’ anda maja,

Y é probe, malpocado,

Com’ unha triste araña...

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Véxote aló antr’ os millos,

Véxote aló nas brañas,

Xa no pinar espeso,

Xa na beiriña mansa

Do río que correndo

Vay antr’ as verdes canas,

E xuras qu’ estás soya,

Que naide t’ acompaña...

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Casada, casadiña,

Que gustas ser falada,

Que bailas c’ as solteiras

Nás festas e ruadas,

Que tes ná boca á risa

E que c’ os ollos falas,

E que á ó falar con eles

Parece que che saltan,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Cando mirar te miro

Tan limpa e tan peinada,

[p. 115]Loitar c’ os rapaciños

Hastra qu’ en ti se fartan,

E vas dimpois xurando

Qu’ eres muller sin chata,

E dís qu’ ás máis non teñen

Contigo comparanza,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

E ti, Rosa, Rosiña,

Modesta e recatada,

Que falas tan mainiño,

Que tan mainiño andas,

Qu’ os pes d’ os homes miras

Para non verlle á cara,

E fás que non entendes

Cando d’ amor che falan,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Vas pó-la mañanciña

A misa c’ as beatas

Dempois... (por qué, ti ó sabes)

De xunta d’ elas largas;

E si ná corredoira

Xunto da verde parra,

Non sey con que xentiña,

Páraste ou non te paras,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

[p. 116]E ti, rapás garrido

De tan melosas falas,

Tan majo de monteira,

Tan rico de polainas,

Tan fino de calzado

Como de mans fidalgas,

Cando me dis que gustas

De traballar na braña,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Ti falarás d’ amores

Cousiñas ben faladas;

Ti loitarás c’ as nenas

Como ningún loitara;

Ti beberás do mosto

Hasta quedar sin fala;

Pero cós teus sudores

Mollar á terra ingrata...

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Mais tantas cousas vexo

Que me parecen trampa;

Tanto sol entre nubes,

E tan revoltas auguas

Qu’ asemellarse intentan

A unha fontiña crara,

Que por non perder tempo

[p. 117]Donde non quito racha,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

II

Pasan n’ aquesta vida

Cousiñas tan extrañas,

Tan raros feitos vense

Neste mundo de trampa;

Tantos milagres vellos,

Tan novas insinanzas,

E tan rovoltos allos

Con nome d’ ensaladas,

Que non che digo nada...

¡Pero vaya!

E qu’ algo deprendera,

Triste de min, coidaba;

E qu’ á esperencia neta

Ninguén m’ iba en puxanza

Por ter na frent’ enrugas

E ter caniñas brancas,

Cando hay hoxe uns mociños

Mesmo dende que maman,

Que non che digo nada...

¡Pero vaya!

[p. 118]Xa non che val, Farruco,

Que vivas en compaña

Dos anos pensadores

Nin da esperencia calva,

Nin qu’ ollo alerta vivas

Com’ á cordura manda,

Que donde menos penses

Tamaña lebre salta.

Que non che digo nada...

¡Pero vaya!

Xa sendo noit’ escura

Dinche qu’ é noite crara;

Xa estand’ ó mar sereno

Che din que fay borrasca,

E tanto te confunden

E tanto te acobardan,

Qu’ anque falar quixeras

Tal coma Dios che manda,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Si eres francés, meu vello,

Si eres da lonxe Australia,

Si aló do sol baixaches

Ou das estrelas pálidas,

Con seria gravedade

Quisáis che preguntaran,

E ti pasmado todo,

[p. 119]Calado mormuraras:

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Por eso, meu velliño,

Si d’ estudiar non tratas

A cencia d’ estos tempos,

Qu’ é com’ el augua crara,

Anque c’ á parromeira

Tamén ten comparanza,

Que nesto á cencia estriba,

Y en ter distintas caras,

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Sin entender un ele

Verás que ben s’ amañan

Honrados e sin honra,

Rameiras e beatas;

Verás cómo s’ axuntan,

Verás cómo se tratan,

Mentras que ti marmuras

C’ á lengua d’ unha coarta.

Non che digo nada...

¡Pero vaya!

Verás cor de sireixa

Quen foy cor d’ esmeralda,

Y aqueles tan azues

[p. 120]Que sangre azul manaban,

Manar sangre bermella

Pó-la moderna usanza,

Y esto con tal chistura

E con fachenda tanta,

Que non che digo nada...

¡Pero vaya!

Verás qué revolturas,

Qué ricas contradanzas,

Qué gaitas con salterio,

Qué pífanos con arpas,

Qué dengues encarnados

Con mantilliñas brancas,

Chapurra que chapurra

En confusión tan várea.

Que non che digo nada...

¡Pero vaya!

Ti pensarás qu’ aquesto

É tod’ unha antroidada,

Qu’ aquí un levita sobra

Y unha chaqueta falta;

Qu’ alí se comen lebres

En vez de calabazas,

E tocan frautas donde

Deben tocar campanas...

Mais non che digo nada...

¡Pero vaya!

[p. 121]Deprende, meu velliño,

A cencia ben amada,

Que saibamente insina

Tan rica misturanza,

Si queres ser sabido

En cousas tan extrañas,

Pois antre tantas nobas

As costumiñas rancias...

Non che digo nada...

¡Pero vaya!


[p. 123]

XXII

Mais ó que ben quixo un día,

Si á querer ten afición,

Sempre lle queda unha magoa

Dentro do seu coraçón.

I

Aló nas tardes serenas,

Aló nas tardes caladas,

Fanse máis duras as penas

Que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas,

Aló nas tardes escuras,

Fanse máis cortas as risas,

Máis negras as desventuras.

Que non hay sera tranquila

Para quen remorsos garda,

E máis presto s’ aniquila

Canto máis á noite agarda.

[p. 124]II

Eu ben sei d’ estos secretos

Que s’ esconden nas entrañas,

Que rebolen sempre inquietos

Baixo mil formas extrañas.

Eu ben sei d’ estes tormentos

Que cosomen e devoran,

Dos que fan xemer os ventos,

Dos que morden cando choran.

Y anqu’ hora sorrindo canto,

Anqu’ hora canto con brío,

Tanto chorey, chorey tanto,

Com’ as auguiñas d’ un río.

Tiben en pasados días

Fondas penas é pesares,

E chorey vagoas tan frías

Com’ as auguiñas dos mares.

[p. 125]Tiben tan fondos amores

E tan fondas amarguras,

Qu’ era fonte de dolores

Nacida entre penas duras.

III

Hora río, hora contento,

Vou pó-las eiras cantando,

Vendo d’ onda ven ó vento

Cando vou levar ó gando.

Hora con grande sosiego

Durmo na veira d’ as fontes,

Durmo na veira d’ os regos,

Durmo na punta d’ os montes.

Mais ó que ben quixo un día,

Si á querer ten afición,

Sempre lle queda unha magoa

Dentro do seu coraçón.


[p. 127]

XXIII

Castellana de Castilla

Tan bonita e tan fidalga,

Mais á quen para ser fera

Cá procedensia ll’ abasta.

Desíme, miña señora,

Xa qu’ os mostrás tan ingrata,

Si ó meu rendimento homilde

Bascas d’ enoxo vos causan,

Pois cand’ onda vos me achego

Cuspís con ardentes ansias,

Y ese mirar de pombiña

Volvés en fosca mirada,

Tornando en sombrisa noite

O día qu’ en sol se baña.

En vano intento, señora,

Saber por qué me maltrata

Dama d’ un alma tan nobre,

Anque soberba por fama,

Pois né motivo á despreço

Sintirse tan ben amada,

[p. 128]Qu’ as mesmas pedras, señora,

D’ un bon querer se folgaran.

Din que na nobre Castilla

Así os gallegos se trata,

Mais debe saber Castilla,

Que de tan grande s’ alaba,

Que sempre á soberbia torpe

Foi filla d’ almas bastardas.

E sendo vos tan sabida,

Nunca de vó-lo pensara,

Que de tan alto baixando

Vos emporcases na lama.

Nin que chamándovos nobre

Tanta nobreza enfouçaras

Imitand’ os que vaidosos

No qu’ está débil s’ ensañan.

Pero máis val qu’ enmudeça,

Pois tés condición d’ ingrata;

Que predicar en deserto

Da miña terra né usanza.

Si fun curpabr’ en quereros

Coma ningún vos amara,

Por ser de terra gallega

E sérdes vos castellana,

En paz, señora, vos deixo

C’ á vosa soberba gracia,

E voume á Galicia hermosa

Dond’ en xuntanza m’ agardan

Ó que no tendes, señora,

Y ó qu’ en Castilla n’ achara,

[p. 129]Campiños de lindas rosas,

Fontiñas de frescas auguas,

Sombra na veira d’ os ríos,

Sol nas alegres montañas,

Caras que nacen sorrindo

E que sorrindo vos aman,

E qu’ inda mesmo morrendo

En sonrisiñas se bañan.

Alí, señora, contento

Cantando ó doçe ala lala

Baixo á figueira frondosa

En baixo da verde parra,

C’ aquelas frescas meniñas

Que mel d’ os seus labios manan

Cando en falar amoroso

Meigo nos din en voz maina.

Con tóda-las de Castilla

Nobrísimas castellanas

Olvidareivos sin pena,

Anque sós vos tan fidalga.

Que aló saben ser altivas,

Pero non saben ser vanas,

Y é fácil con doçes tomas

Olvidar tomas amargas.

Déchesmas vos, mi señora,

Con despreço envenenadas,

Inda con fero máis fero

Que pelica de laranxa;

Mais teño por que me pase

Aquel sarrapio qu’ escalda,

[p. 130]Teño unha dama nos Portos,

Outra no Ribeiro d’ Avia,

Si á dos Portos é bonita

Á do Ribeiro lle gana.


[p. 131]

XXIV

Queridiña d’ os meus ollos,

Saberás como estou vivo

Nesta vila donde adoito

Dende que chegín de Xinzo.

Saberás com’ á Dios gracias

Y ó escapulario bendito

Non afogamos no mare

Como coidaba Xacinto

Qu’ é tan valente, á bofellas,

Como’ os alentos d’ un pito.

Saberás como dempois

Me puñeron moy vestido

Con roupa azul e amarela

Cal andan tódo-los quintos,

E logo todos xuntados,

Inda máis de vintecinco,

Nos paseamos pó-las calles,

Qu’ era mesmo un adimiro

De tan majos como ibámos,

De tan brancos e tan limpos.

¡Si me viras, queridiña,

[p. 132]Cal outras qu’ eu sei me viron!

Cad’ ollada me botaban

Xa de través, xa de fito...

Y eran meniñas graciosas

Con moita salsa no pico,

Mais ningunha d’ este peito

Poido arrincarm’ un sospiro,

Qu’ ó teu retrato alí estaba

Rabuñando paseniño.

Qu’ anque d’ onda ti partín,

Prendiña que tanto estimo,

Non vin soyo, miña xoya,

Que ti viñeche comigo.

¡Si souperas cánto peno,

Si souperas cál m’ afrixo

Cando m’ acordo nas noites

D’ aqueles teus cantariños!...

Ora en ti penso disperto,

Ora en ti penso durmindo,

E sempre en ti estou pensando

Coma si foses feitiço.

Seique meigallo me deche

Na festa do San Martiño,

Amasado c’ os teus dedos

Nunha bola de pan trigo.

Mais nóno sinto por eso,

Qu’ anque me deras martirio

Por vir de ti, queridiña,

Com’ un año recibírao.

[p. 133]Nada me distrai, Rosiña,

Da pena que por ti sinto;

De día como de noite

Este meu corazonciño

Contigo de cote fala

Porqu’ eu falar ben ó sinto;

Un falar tan amoroso

Que m’ estremeço d’ oílo.

¡Ay!, qu’ extrañeza me causa

E soidás e martirio,

Pois así cal el che fala

Quixera falar contigo

Cal outros tempos dichosos

D’ os nosos amores finos.

Cántas veces nos xuramos

Cando lavabas no río

Ó pe d’ un alto salgueiro

Antre risas e sospiros:

«¡Xa nunca máis separarnos,

Xa nunca máis desunirnos!»

Mais aqueles xuramentos

Tal como rosas d’ espiño

Lixeiriños s’ espallaron

A un sopro d’ os ventos fríos.

Ora có mar de por medio

¡Adiós, amantes cariños!

Nin ti me ves nin te vexo

Aló na beira do río,

Naquelas crariñas noites

[p. 134]De folga pó-los domingos.

As amoriñas maduran

Nas silveiras d’ os camiños,

Naçen as froriñas brancas

Por antr’ as canas do millo.

O río pasa-que-pasa,

Cantan nas pónlas os xilgaros,

Todo está verd’ e frondoso,

Todo está fresco e frorido;

Sólo nos, Rosa, faltamos

Naqueles verdes campiños.

Rosiña, dame un consolo

Par’ este dolor qu’ eu sinto.

¡Ay, qu’ os recordos me matan!

¡Ay, qu’ acabarán comigo!

Di s’ inda me queres moito,

Mandamo á decir pretiño;

Dime si gárdal’ o pano

Que che din por San Benito

Qu’ ó merquei na quinta feira

Por doce cartos e pico.

Dime tamén si deprendes

Pó-la cartilla de Cristus

Á ler como m’ ofreceches

Para ler os meus escritos,

Qu’ en sabendo algunhas letras

Dempois irás traducindo.

Eu xa lle perdín ó medo

A escribiduras e libros,

[p. 135]Pois fago uns palotes netos

De qu’ eu mesmo m’ adimiro,

Tan grandes como fungueiros

E máis gordos si non minto.

Adiós, espresiós che mando

Pó-lo burro de Camilo,

Que non sei cal che dirá

Estas cousas que ll’ exprico;

Mais sabe, miña Rosiña,

Rosiña de doçe olido,

Que si ti xa ler souperas

Os palotes qu’ eu escribo,

Escribírache unha carta

Nas alas d’ un paxariño.


[p. 137]

XXV

Á ROBERTO ROBERT
REDACTORE DA «DISCUSIÓN», Á QUEN LLE GUSTAN
ÓS CONTOS Y Ó GALLEGO

I

Aló no currunchiño máis hermoso

Qu’ á luz do sol na terr’ alomeara,

Veiga frorida e prado deleitoso

Qu’ á os campiños do Edén s’ acomparara;

Aló ond’ ó Sar soberbo e caudaloso

Parece que se dorme e que se para

(Tan maino corr’ antre á robreda escura),

Alí naceu Vidal ó sin ventura.[1]

[p. 138]II

¡Qué reposo! ¡Qué luz!... ¡Qué garruleiro

Brando cantar d’ os váreos paxariños

Cand’ ó salir do sol pó-lo quinteiro

Douraba fontes, lagos e campiños!

¡Qué libre respirar!... ¡Qué placenteiro

Ir e vir dos cabirtos xuntadiños!

¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas,

Iban có gando as feitas aldeanas!

III

Nunca ó rumor do mundo corrompido,

Nunca da louca socied’ as vaidades,

Nin brillo d’ os honores fementido

Foran trubar tan doçes soledades.

Ceo azul, sol d’ amor, campo frorido,

Santa paz sin remorso nin saudades,

Horas que van mainiñas camiñando,

Tal alí tempo e vida iban pasando.

IV

Como ó ventiño da mañán pirmeiro

No seyo d’ as rosiñas se dormía,

E cal dempois toliño e rebuldeiro

Pó-lo espaço inmensísimo subía,

[p. 139]E volvendo á baixar murmuradeiro

Por enriba d’ as chouzas rebulía,

Nas aliñas levand’ ó fumo leve

Qu’ en trubias ondas á subir s’ atreve.

V

E como ô mediodía, fast’ o río

Brisas, aires, pradiños e arborado

Pousaban calorosos e sin brío

Cal viaxeiro sedento e fatigado;

E como da seran ó alento frío

De arrulos misteriosos impregnado

Con pasiño lixeiro s’ achegaba

Y aire, río e floriñas axitaba.

VI

Pasiño á paso á traballada xente

D’ os campos as chousiñas se volvía,

Mentras no lar o pote sarpullente

C’ as ricas berzas á cachón fervía.

As fabas y as balocas xuntamente

Có touciño sabroso nel se vía,

En compañ’ amigable e farturenta

Qu’ alegra, que convida e que sustenta.

[p. 140]VII

Dempois da frugal cea, ó cariñoso

Resplandor do luar claro e soave

Iban gozar ô enxido de reposo

Có abó, qu’ á longa historia contar sabe.

O rosario da Virxe proveitoso

Logo rezaban con asento grave,

Y alma e corpo tranquilo se dormía

Esperando ó folgor do novo día.

VIII

Tod’ era paz e amor e augua serena,

Tod’ era craro azul no firmamento,

Nin houbo alí á soberba qu’ envenena,

Nin vano goce, nin fatal tormento.

Nin louco rebuldar, nin fonda pena,

Nin baixo aborrecido pensamento,

Vidiña tan risoña atormentaba,

Pois doçe e mainamente se folgaba.

IX

Naide n’ aquel lugar probe se vira

Qu’ uns ben y outros non mal foran vivindo,

Y un qu’ afroxa de máis y outro qu’ estira

Fóranse acomodando e repartindo.

[p. 141]Ningún da negra fame á man sentira

O seu peito fortísimo oprimindo,

No máis que á desdichada criatura

Que se chamou Vidal ó sin ventura.

X

Orfo ende que nacera, á sorte triste

Déralle por herencia ó desconsolo,

C’ o á negra soledá, qu’ ô probe asiste,

Naide na terra se topou tan solo.

De canto en polvo terrenal se viste

Inda correndo un polo y outro polo,

Qu’ era prob’ e dorido antr’ os doridos

E afrixido antr’ os tristes afrixidos.

XI

Tiña por casa un cortelliño escuro,

Tiña por leito ó chan humedecido,

Por cubirtor á neve e vento duro

Qu’ entraba pó-las fendas arresido.

Tiña ó sustento escaso e mal seguro

Que dan de porta en porta ô qu’ é perdido,

Qu’ así lle din con bulra non escasa

O que por probe neste mundo pasa.

[p. 142]XII

En jamás ó infeliz decir poidera

«¡Esto que teño é meu!», qu’ á sorte dura

N’ inda por conceder lle concedera

Un pouco de querer ou de ternura.

Nin un pouco d’ amor, que donde houbera

Pobreza, e soledad’ e desventura,

Groria, dicha e querer correndo pasan

Y á entradiña da porta non traspasan.

XIII

Sempre por dicha prá Vidal había

Caldo e máis pan n’ algún lariño alleo,

Y á máis á caridá non s’ extendía,

Que fora un mal matarlle outro deseo.

Que si á cousas mellores s’ afacía

Y outro váreo comer y outro recreo,

Traballo lle custara á bon seguro

Comer dempois berciñas e pan duro.

XIV

Tal conta á xente corda se botaba

Con parsimonia concençuda e grave,

E refráns sabios con afán buscaba

Dos que din «Nunca dés do que ben sabe.»

[p. 143]Y ô compango Vidal nunca probaba

Por qu’ era á sobriedá santa e saudabe,

Según á xente de poder decía,

Anqu’ ela ben folgaba e ben comía.

XV

Cando d’ os porcos á matanza viña,

¡Qu’ amabre chamuscar nas limpas eiras

Ó despertar da fresca mañanciña!...

¡Qu’ alegre fumo antr’ olmos e figueiras,

Olendo á cocho pó-los aires viña!

¡Qu’ arremangar d’ as nenas mondongueiras!

¡Qu’ ir e vir dend’ o banco hastr’ a cociña!

Y aló no lar, ¡qué fogo!, ¡qué larada!

¡Qué rica e qué ben feita frixolada!

XVI

Fígado con cebola ben frixida

Y unha folliña de laurel cheirosa,

Qu’ inda á un morto ben morto dera vida

De tan rica, tan tenra e tan sabrosa.

Raxo en sorsa c’ un cheiro que convida,

Y á sangre d’ as morcillas sustanciosa

En fregada caldeira rebotando

A que fagan morcillas convidando.

[p. 144]XVII

Cuadro tan agradabr’ e farturento

Por tod’ á vecindá se repetía

Con garular, e risa, e gran contento,

Que suceso tan grande ó requería.

Mais por que lle sirvise de tormento,

Sólo na chouza de Vidal n’ había

Nin porco, nin mondongo, nin fartura,

Qu’ era todo nubrado e desventura.

XVIII

Nas frías pedras do seu lar sentado

Tan váreo movemento contempraba

De negra soledade acompañado:

Naide â festa do porco ó convidaba.

Qu’ era probe Vidal y era olvidado,

Y á presença d’ un probe alí estorbaba;

Por eso entre suspiros repetía:

«¡Ay, quén fora riquiño un soyo día!»

XIX

Tales eran decote os seus deseos,

Mais nunca, ¡triste sorte!, se cumprían;

E todos, todos de miseria cheos,

Anos tras anos sin cesar corrían.

[p. 145]X’ era bello Vidal, y os duros ceos

De tan negro sufrir non se doïan,

Qu’ inda ó porco Vidal nunca probara

Nin naide á tal festiña ó convidara.

XX

Tal com’ era costume á rica proba

Veciños con veciños se trocaban

(Ind’ oxe esta costume se renova),

Mais á Vidal veciño non chamaban,

Que fora indina misturanza boba

Ir á dar donde daiba non topaban,

E por eso Vidal, probe coitado,

Nunca catou morcilla ó desdichado.

XXI

Mas, ¡ay, pícaro mundo!, ¡mundo aleve!

¿Quén de teus pasos e revoltas fía?

¿Quén afirmar empávedo s’ atreve

Que non se pode á noite tornar día?

¿Quén en tempo tan rápido e tan breve

Os conocidos de Vidal diría

Qu’ aquela triste homilde criatura

Iba nadar en ondas de ventura?

[p. 146]XXII

¡Y así pasou!... Qu’ aquel que todo mira

Aló da inmensa e trasparente esfera,

Donde c’ os astros sentellantes xira,

Misericordia de Vidal tibera.

O torpe olvido dos podentes vira

Y á pena de Vidal compadecera,

E có seu brazo misterioso e forte

Trocou d’ un sopro á temeraria sorte.

XXIII

Tal pó-las portas de Vidal entrara

Como en campo sedento farto río,

Aló de Cáis harencia qu’ envidiara

O máis encopetado señorío.

Ucha d’ ouro ôs seus ollos relumbrara

Dándolle desvareo, e risa, e frío,

Sendo tamaña á dicha que sentía,

Qu’ o coraçón con ela non podía.

XXIV

Dempois chorou, sorreu, bicou á terra

Inda pó lo seu pranto humedecida,

E canta dicha á humanidad’ encerra

Verteuse do seu peito escandecida.

[p. 147]Logo volvendo en sí, casi s’ aterra

De ver ventura tan sin par cumprida,

E postrado ante Dios fervente ora

Y ó seu misterio portentoso adora.

XXV

Cumprido este deber, Vidal, reposto

De sorpresa tan grave e prasenteira,

Pónse limpio, amañado e ben composto,

Co á graciña de Dios por compañeira.

Cal s’ adimira d’ ó mirar tan posto,

Cal lle di qu’ é galán por derradeira,

Y anque calvo quedou como San Pedro,

Dinlle que ten risado pelo negro.

XXVI

Chámalle aquel «amigo» ¡cousa rara!,

Qu’ antes «¡Vidal!» con sorna lle desía,

Y outro lle volve pracenteiro á cara

Que nantronte ó caris lle retorsía.

Tal miniña de velo se trubara,

Tal outra xunta dél se revolvía,

E seica non faltou quen lle dixera

Que feito com’ un santo se volvera.

[p. 148]XXVII

Qu’ é triste ó rostro da mortal probeza

Qu’ entre ximidos e dolores nace,

Y hastra á hermosura ven cando riqueza

Có seu mirar risoño nos comprace,

Presta o diñeiro encanto e gentileza,

Y un Dios ó mesmo demo se tornara

Si tomando á figura de banqueiro

Remexése diñeiro e máis diñeiro.

XXVIII

Estos misterios son... eu me confundo

Y en van’ ôs espricar me propuñera;

Pero Vidal, filósofo profundo,

Qu’ anque xamáis nos libros deprendera

A conta propia deprendeu no mundo,

Non de mudansa tal se sorprendera,

Qu’ aló no seu caletre â adiviñara

Cando en ser rico con afán soñara.

XXIX

Por eso recibeu con cortesía

Recrebos, agasaxo e comprimento,

Q’ un tras outro homildoso lle facía,

Escoria vil do humano sentimento.

[p. 149]Él á baixesa d’ eles comprendía

Y anque vano nin torpe pensamento

Contra xentiñas tales meditaba,

Forte e seria lisión darlles pensaba.

XXX

Unha mañán á un santo e bon suxeto

Un quiño lle mercou, ¡soberbio quiño!,

Tan níveo, tan plantado e tan repleto

Cal nunca ó vira tal ningún veciño.

Era curto de perna, o lombo neto,

Do rabo hastra á cabeza redondiño,

Y ó coiro tan graxento relusía

Que mesmo de manteiga paresía.

XXXI

—¡Alabado sea Dios!—¡Dios ch’ ó bendiga!

—¡San Antonio ch’ ó garde!—así excramaban

Mentras qu’ ó cocho á paso de formiga

Y ó seu dono Vidal serios pasaban.

A falarlle á Vidal cada un s’ obriga

Qu’ ó porco xa mortiño contempraban

E n’ era de perder tan bon bocado

Pó-las mans de Vidal morto e salgado.

[p. 150]XXXII

Log’ ó berrido do infeliz pasente

Que sofre có coitelo morte dura

Fender ós aires no lugar se sente,

Pouco á pouco á gorxiña queda muda.

O suspiro postrer soa estredente,

A sangre corre, ó matachín xa suda,

E n’ aquel grave e quírtico momento

É o porco vida e mundo e pensamento.

XXXIII

O difunto alí está repantrigado,

C’ unha cebola n’ antraberta boca

(Qu’ inda parés qu’ á come ó desdichado),

Pero no-no chorés qu’ á él solo toca

Dormir sono tan triste descuidado,

Pois as iras d’ inferno non provoca

Nin groria ten nin porgatorio ardente,

Él dormirá insensible eternamente.

XXXIV

Non cab’ en sí Vidal de tan contento,

O cheiriño do porco ll’ enlouquece,

Qu’ entr’ os porcos nacidos é un portento

Aquel qu’ ante seus ollos aparece.

[p. 151]Certa satisfación, certo contento

No rostro d’ os presentes resplandece,

Que mesmo quer decir en lenguax mudo:

«¡Este sí que ch’ é un porco repoludo!»

XXXV

Mais c’ ó cocho Vidal soyo se encerra,

Mentras qu’ á xente aturrullada mira...

Cál se pasma, cál bufa, cál s’ aterra,

Que nunca tal n’ aquel lugar se vira,

Cal outro lle xurando eterna guerra,

Das voltas que dá ó mundo s’ adimira,

Pois que nunca en xamáis nengún veciño

Lle batera c’ á porta no fociño.

XXXVI

Era aquel un rifar desesperado,

Pero Vidal ó xordo se facía;

A noit’ enteira se pasou cerrado,

Y ô arbor primeiro do siguiente día,

C’ un varal de morcillas ben cargado

Que á pouco de cargado se rompía,

Apareceu lavado e reverendo

A todos c’ ó seu porte sorprendendo.

[p. 152]XXXVII

Él direitiño ô seu facer marchaba

Con paso despacioso camiñando,

E un sorrir nos seus labios s’ atopaba

Qu’ antroido iba dicindo ou contrabando.

Dempois con voz qu’ as xentes atroaba,

Foise de porta en porta perguntando:

—¿Déronlle aquí morcillas á Vidal?

—¡¡¡Aquí non!!!—¡Pois adiante c’ ó varal!

XXXVIII

Así as chousas correu unha por unha

Y ó varal inteiriño inda se vía;

Con triste non respondeu ningunha

De cantas en redondo requería.

Rindos’ en tanto á falsa de fertunha

Con sonsa voz de bulra repetía:

—¿Déronlle aquí morcillas á Vidal?

—¡¡¡Aquí non!!!—¡Pois adiante c’ ó varal!

XXXIX

Vidal morreu, y ó tempo foi pasando,

Braso qu’ os duros mármores arrasa

[p. 153]Antre helados escombros enterrando

De bon Vidal á solitaria casa;

Mais sempre esta historiña foy quedando,

Ind’ oxe mesmo por proverbio pasa,

E cand’ ó nome de Vidal s’ invoca,

Muda sole quedar máis d’ unha boca.


[p. 155]

XXVI

—Meniña, ti á máis hermosa

Qu’ á luz do sol alumbrara;

Ti á estrela da mañanciña

Qu’ en puras tintas se baña;

Ti á frol d’ as froridas cumbres,

Ti á ninfa d’ as frescas auguas,

Ti como folla do lirio

Branca, pura e contristada.

¿Quén eres, fada sin nome,

De tan dormentes miradas,

De tan dorida sorrisa,

De feituriña tan cándida?

¿Quisáis de muller naceches

Sendo tan limpa e tan casta?

¿Quisáis d’ as brisas da tarde,

Quisáis d’ as brétemas vagas...

D’ as burbulliñas d’ un río,

Quisáis d’ unha nube branca?

¿Ou as espumas do mare

A un rayo de sol xuntadas

Pousáronte ô ser d’ aurora

[p. 156]Nunha cunchiña de nacra?

Mais d’ onde queira que seas,

Tristísima pasionaria,

Por ti sinto un amor puro

Que pouco á pouco me mata;

Por ti de noite e de día

Cal vaga sombra encantada,

Preto do teu vivir ximo,

Ximo c’ os ventos que pasan

Facendo vibrar sonoras

Sentidas cordas d’ un arpa,

Que con ecos tembradores

D’ os meus amores che falan.

Mais dime: ¿por qu’ estás muda?

Di por qu’ estás solitaria,

Di por qué vives nos montes

C’ os paxariños que cantan,

Mentras ti choras e choras

O pe d’ un olmo sentada,

Toda de loito cuberta,

Toda cuberta de lágrimas.

—Déixame vivir nos montes,

Déixam’ estar solitaria,

Déixame c’ os paxariños

Qu’ en derredor de min cantan.

Déixame vestir de loito,

Cuberta por tristes vágoas,

Y eco de homes non escoite

Nin son d’ armoniosas arpas,

[p. 157]Qu’ eses sons d’ amor á vida

Rompen as miñas entrañas,

Si d’ eles, galán, por sorte

Doçe consolo arrancaras

Para un dor que non ten cura,

Para un mal que non s’ acaba.

¡Si ô seu vibrar sonoroso

As tombas se levantaran

Y ó polvo que nelas mora

Volto á vivir s’ axitara!...

Mais cala, galán...; non toques

As soaves cordas d’ un arpa,

Que nin dá vida ôs que morren

Ni as tristes tombas levanta.

Cala, galán, c’ os cantares

Que con pasión d’ amor cantas,

Qu’ os meus amores morreron

Y aló antre tombas m’ agardan.

Para min morreu á dicha,

Morreu tamén á esperanza,

Cubreuse ó seu de tristura

Y á terra d’ ásperas prantas.

Déixame vivir nos montes,

Déixam’ estar solitaria,

Déixame vestir de loito,

Cuberta d’ amargas lágrimas.

Qu’ á rula que viudou

Xurou de non ser casada,

Nin pousar en ramo verde

Nin beber d’ augua crara.


[p. 159]

XXVII

I

¿Qué ten ó mozo?

¡Ay!, ¿qué terá?

Ponm’ agora unha cara d’ inverno,

Despois na fiada ¡sorrisas de tal!...

Quer que baile con él n’ o muhiño,

Y aló pó-la vila, nin fala quixáis...

¿Qué ten ó mozo?

Pois... ¿qué terá?

Unhas veces, canciño de cego,

Por’ ond’ eu andare seguíndome vay;

Non hay sitio dond’ eu non atope

Un Bras con cirolas y os zocos na man.

¡Ay, qué mociño!...

¡Ay, qué rapaz!

N’ outro instante, ¡mirá qué fachenda!...

Atruxos qu’ asombran ó mesmo lugar.

[p. 160]¡¡¡Brrr!!!, parece que pasa soberbo,

Mandando nos homes su real maxestá.

Mociño, ¿és tolo?

¡Ay!, ¿s’ ó serás?

Eu non podo entender meu amore,

Qu’ airiños te levan, qu’ airiños te trân,

Nin tampouco cal xeito te cadra,

Tratándose, mozo, d’ ó teu namorar.

¡Ay! ¡Dios me libre,

De ti, bon Bras!

Que no meu entender t’ acomparo,

O mesiño de marzo marzal:

Pó-la mañán, cariña de rosas;

Pó-la tarde, cara de can.

¡Mala xuntanza

Facemos! ¡¡Ay!!

II

¿Qué di á meiguiña,

Qué di á traidora?

Coraçón qu’ enloitado te crubes,

C’ os negros desprezos qu’ á falsa che dona,

¿Por qué vives sofrindo por ela?

¿Por qué, namorado, de pena saloucas?

S’ ela é bonita,

Ela é traidora.

[p. 161]Di con mengua de min que non sabe,

Qu’ airiños me viran veleta mal posta...

Que ch’ ó digan, rapaza, os teus ollos,

Qu’ agora me chaman, dempois me desbotan.

Qu’ anqu’ és bonita,

Eres traidora.

S’ unhas veces amante che falo,

E s’ outras renego de ti..., ¡pecadora!

¿Cáles auguas repousan serenas,

S’ ó vento qu’ as manda rebole antr’ as ondas?

E ti ben sabes

Qu’ és revoltosa.

Son canciño de cego en quererte...

Tal bulra merece quen ama sin conta,

Pois c’ os zocos na man ou sin eles

As portas d’ ó inferno seguíndote fora.

Tal estou tolo,

Tal és graçiosa.

¡Que de marzo marzal teño á cara!...

Quixáis qu’ así sea, mais ti, miña xoya,

Tamén és cal rayola de marzo,

Qu’ agora descrube, qu’ agora s’ entolda.

Iguales semos,

Nena fermosa.


[p. 163]

XXVIII

Castellanos de Castilla,

Tratade ben ôs gallegos:

Cando van, van como rosas,

Cando vén, vén como negros.

—Cando foi iba sorrindo,

Cando veu, viña morrendo

A luciña d’os meus ollos,

O amantiño do meu peito.

Aquel, máis que neve branco,

Aquel de doçuras cheyo,

Aquel por quen eu vivía

E sin quen vivir non quero.

Foi á Castilla por pan,

E saramagos lle deron;

Déronlle fel por bebida,

Peniñas por alimento.

[p. 164]Déronlle, en fin, canto amargo

Tén â vida no seu seo...

¡Castellanos, castellanos!

Tendes coraçón de ferro.

¡Ay!, no meu coraçonciño

Xa non pode haber contento,

Qu’ está de dolor ferido,

Qu’ está de loito cuberto.

Morreu aquel qu’ eu quería,

E para min n’ hay consuelo:

Sólo hay para min, Castilla,

A mala ley que che teño.

Premita Dios, castellanos,

Castellanos que aborreço,

Qu’ antes os gallegos morran

Qu’ ir á pedirvos sustento.

Pois tan mal coraçón tendes,

Secos fillos do deserto,

Que si amargo pan vos ganan,

Dádesllo envolto en veneno.

[p. 165]Aló van, mal pocadiños,

Todos d’ esperanzas cheyos,

E volven, ¡ay!, sin ventura,

Con un caudal de despreços.

Van probes e tornan probes,

Van sans e tornan enfermos,

Qu’ anqu’ eles son como rosas,

Tratádelos como negros.

¡Castellanos de Castilla,

Tendes coraçón d’ aceiro,

Alma como as penas dura,

E sin entrañas o peito!

En trós de palla sentados,

Sin fundamentos, soberbos,

Pensás qu’ os nosos filliños

Para servirvos naceron.

E nunca tan torpe idea,

Tan criminal pensamento

Coupo en máis fatuas cabezas

Ni en máis fatuos sentimentos.

[p. 166]Que Castilla e castellanos,

Todos nun montón a eito,

Non valen o que unha herbiña

D’ estes nosos campos frescos.

Sólo peçoñosas charcas

Detidas no ardente suelo

Tés Castilla, que humedezan

Esos teos labios sedentos.

Que o mar deixoute olvidada

E lonxe de ti correron

As brandas auguas que traen

De prantas cen semilleiros.

Nin arbres que che den sombra,

Nin sombra que preste alento...

Llanura e sempre llanura,

Deserto e sempre deserto...

Esto che tocou, coitada,

Por herencia no universo,

¡Miserable fanfarrona!...

Triste herencia foi por certo.

[p. 167]En verdad non hay, Castilla,

Nada como ti tan feyo,

Qu’ ainda mellor que Castilla

Valera decir inferno.

¿Por qué aló foches, meu ben?

¡Nunca tal houberas feito!

¡Trocar campiños frolidos

Por tristes campos sin rego!

Trocar tan caras fontiñas,

Ríos tan murmuradeiros

Por seco polvo, que nunca

Mollan as bágoas do ceo.

Mas ¡ay!, d’ onde a min te foches

Sin dor do meu sentimento,

Y aló á vida che quitaron,

Aló a mortiña che deron.

Morreches, meu quiridiño,

E para min n’ hay consuelo,

Que ond’ antes te vía, agora

Xa sólo unha tomba vexo.

[p. 168]Triste com’ á mesma noite,

Farto de dolor o peito,

Pídolle á Dios que me mate,

Porque xa vivir non quero.

Mais en tanto no me mata,

Castellanos qu’ aborreço,

Hei, para vergonza vosa,

Héivos de cantar xemendo:

¡Castellanos de Castilla,

Tratade ben ôs gallegos:

Cando van, van como rosas,

Cando vén, vén como negros!


[p. 169]

LA GAITA GALLEGA

ECO NACIONAL
Á mi querido amigo D. Manuel Murguía.

I

Cuando la gaita gallega

El pobre gaitero toca,

No sé lo que me sucede

Que el llanto á mis ojos brota.

Ver me figuro á Galicia

Bella, pensativa y sola,

Como amada sin su amado,

Como reina sin corona.

Y aunque alegre danza entone

Y dance la turba loca,

La voz del grave instrumento

Suéname tan melancólica,

Á mi alma revela tantas

Desdichas, penas tan hondas,

Que no sé deciros

Si canta ó si llora.

[p. 170]II

Recuérdame aquellos cielos,

Y aquellas dulces auroras,

Y aquellas verdes campiñas,

Y el arrullo de sus tórtolas;

Y aquellos lagos, y aquellas

Montañas que al cielo tocan,

Todas llenas de perfumes,

Vestidas de flores todas,

Donde Dios abre su mano

Y sus tesoros agota;

Mas ¡ay!, como me recuerda

También que hay allí quien dobla,

En medio de la abundancia,

Al hambre la frente torva,

No acierto á deciros

Si canta ó si llora.

III

Suenan, y cruzan por mi espíritu

Puras, risueñas y hermosas

Las sombras de los cien puertos

De que Galicia es señora.

Y lentamente pasando,

Como ciudades que flotan,

[p. 171]Van sus cien naves soberbias

Al ronco son de las olas;

Mas ¡ay!, como en ellas veo,

Con el oro de sus costas,

Sus tiernos hijos desnudos

Que miran tristes á Europa,

Pidiendo su pan amargo

Á la América remota,

No acierto á deciros

Si canta ó si llora.

IV

¡Pobre Galicia!... Tus hijos

Huyen de ti ó te los roban,

Llenando de íntima pena

Tus entrañas amorosas.

Y como á parias malditos,

Y como á tribus de ilotas

Que llevasen en el rostro

Sello de infamia ó deshonra,

¡Ay!, la patria los olvida,

La patria los abandona,

Y la miseria y la muerte

En su hogar desierto moran.

Por eso aunque en son de fiesta

La gaita gallega se oiga,

No acierto á deciros

Si canta ó si llora.

[p. 172]V

¡Espera, Galicia, espera!

Lleva la cruz que te agobia,

Regando con sangre y lágrimas

Esa vía dolorosa.

¡Tendrás sed!... Hiel y vinagre

Te darán con mano pródiga,

Y con corona de espinas,

Cetro de caña por mofa;

Pero los tiempos se acercan,

Y cuando suene tu hora,

Feliz subirás y grande

Á la cumbre de la gloria.

Hoy si la gaita gallega

El pobre gaitero toca,

No acierto á deciros

Si canta ó si llora.

Ventura Ruiz Aguilera.

1860.


[p. 173]

Á GAITA GALLEGA

RESPOSTA
Á ó eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera.

I

Cand’ este cantar, poeta,

Na lira xemendo entonas,

Non sei ó que por min pasa

Qu’ as lagrimiñas m’ afogan,

Qu’ ante de min cruzar vexo

Á virxen-mártir qu’ invocas,

C’ ôs pes cravados d’ espiñas

C’ âs mans cubertas de rosas.

En vano á gaita tocando

Unh’ alborada de groria

Sóns pó-los aires espalla

Que cân nas tembrantes ondas;

En vano baila contenta

Nas eiras á turba louca,

Qu’ aqueles sóns, tal m’ afrixen,

Cousas tan tristes me contan,

Qu’ eu podo decirche

Non canta, que chora.

[p. 174]II

Vexo contigo estos ceos,

Vexo estas brancas auroras,

Vexo estes campos froridos

Donde s’ arrullan as pombas,

Y estas montañas xigantes

Qu’ aló c’ âs nubes se tocan

Cubertas de verdes pinos

E de froliñas cheirosas;

Vexo esta terra bendita

Dond’ ó ben de Dios rebota

E dond’ anxiños hermosos

Tecen brillantes coroas;

Mas ¡ay!, como tamén vexo

Pasar macilentas sombras

Grilos de ferro arrastrando

Antre sorrisas de mofa,

Anque mimosa gaitiña

Toqu’ alborada de groria,

Eu podo decirche

Non canta, que chora.

III

Falas, y ó meu pensamento

Mira pasar temerosas

As sombras d’ eses cen portos

Qu’ ô pe d’ as ondiñas moran.

[p. 175]E pouco á pouco marchando

Fráxiles, tristes e soyas,

Vagar as naves soberbas

Aló nunha mar traidora.

Y ¡ay!, como nélas navegan

Os fillos d’ as nosas costas

Con rumbo á América infanda

Qu’ á morte c’ o pan lles dona,

Desnudos pedindo en vano

Á patria misericordia,

Anque contenta á gaitiña

O probe gaitero toca,

Eu podo decirche

Non canta, que chora.

IV

Probe Galicia, non debes

Chamarte nunca española,

Qu’ España de ti s’ olvida

Cando eres, ¡ay!, tan hermosa.

Cal si na infamia naceras,

Torpe, de ti s’ avergonza,

Y á nay qu’ un fillo despreça

Nay sin coraçón se noma.

Naide por que te levantes

Ch’ alarga á man bondadosa;

Naide os teus prantos enxuga,

Y homilde choras e choras.

[p. 176]Galicia, ti non tés patria,

Ti vives no mundo soya,

Y á prole fecunda tua

S’ espalla en errantes hordas,

Mentras trist’ e solitaria

Tendida na verde alfombra

O mar esperanzas pides,

De Dios á esperanza imploras.

Por eso anqu’ en son de festa

Alegre á gaitiña s’ oya,

Eu podo decirche

Non canta, que chora.

V

«Espera, Galicia, espera»

¡Cánto este grito consola!

Páguecho Dios, bon poeta,

Mais é unha esperanza louca;

Qu’ antes de qu’ os tempos cheguen

De dicha tan venturosa,

Antes que Galicia suba

C’ á cruz qu’ ó seu lombo agobia

Aquel difícil camiño

Qu’ ô pé d’ os abismos toca,

Quisáis cansada e sedenta,

Quisáis que d’ angustias morra.

Págueche Dios, bon poeta,

Esa esperanza de groria,

[p. 177]Que de teu peito surxindo,

Á virxen-mártir coroa,

Y esta á recompensa sea

D’ amargas penas tan fondas.

Páguech’ este cantar triste

Qu’ as nosas tristezas conta,

Que soyo ti..., ¡ti entre tantos!,

D’ as nosas magoas s’ acorda.

¡Dina voluntad d’ un xenio,

Alma pura e xenerosa!

E cando á gaita gallega

Aló nas Castillas oyas,

O teu coraçón pergunta,

Verás que che di en reposta

Qu’ a gaita gallega

Non canta, que chora.


[p. 179]

XXIX

I

—Vente, rapasa,

Vente, meniña,

Vent’ á lavar

No pilón d’ á fontiña.

Vente, Minguiño,

Minguiño, vente,

Dóuche sinon

Pó-lo demo do dente.

¡Qu’ augua tan limpa!

¡Qué rica frescura!

Vent’ á lavar

Qu’ é un primor, criatura.

[p. 180]Válgame Dios,

Que si auguiña n’ houbera,

Lama este corpo

Mortal se volvera.

Vinde á lavarvos,

Andá lixeiriños,

A cara pirmeiro,

Dimpois os peïños.

¡Ay!, ¡qué meniña!

¡Qué nena preciosa!

Dempois de lavada

Parec’ unha rosa.

Y este meniño

Que teño no colo,

Dempois de lavado

Parec’ un repolo.

¡Ay!, ¡qué tan cuco!

¡Ay!, ¡qué santiño!

Ven ôs meus brazos

Dareich’ un biquiño.

[p. 181]¡Olliños de groria!

¡Cariña de meiga!

¡Apértame ben,

Coraçón de manteiga!

Corre, corre

A qu’ Antona te peite,

Corre, daráche

Unha cunca de leite.

Corre, corre

A teu pay, Mariquiña,

Que come cebola

Con pan e sardiña.

II

—¡Válgate Dios,

Qu’ inda os figos son duros!

¡Mais qué fartiña

En estando maduros!

Él e máis eu

Y á comadre d’ abaixo,

Hemos de ter

Qu’ alargar ó refaixo.

[p. 182]Rica figueira,

Que Dios te bendiga,

Qu’ ásme, abofé,

De fartar á barriga.

—¡Jey!, ó d’ os ovos

Que vás de camiño,

¿Cántas duciñas

Topache no niño?

—¡Unha no máis!

—¡No me teño c’ á risa!

Es’ ech’ un conto

Que vay par’ á misa.

Dam’ acá seis,

Qu’ un fricol che faría,

Qu’ ô mesmo rey

Qu’ envidiar lle daría.

Xa que non qués

No camiño che colla

Vento de vira,

C’ un saco de molla.

[p. 183]III

—Turra, turra,

¡Xan pó-la burra!

Mira que Pedro

A cadela ch’ apurra.

¡Ay!, desdichada

De min que á vexo,

Fincarch’ ó colmillo

No triste pelexo.

¡Diancre de Xan,

Que non corre nin tóa!

Ben haya, amén,

Quen os osos che roa.

¡Chúrras!, ¡chúrras!

¡Churriñas, chúrras!

Cas-qui-tó,

Qu’ escorrenta-las burras.

[p. 184]Pica, pica

Suriña, pica,

Léballe un gran

O teu fillo na bica.

Marcha can

A ladrar ô palleiro,

¡Seique ch’ agrada

O demoro do cheiro!

¡Baiche c’ o can,

Qu’ ó peixiño lle gusta!

Mais â teu dono

O diñeiro lle custa.

¡Gachi, gachi,

Que dencho de gato!

¡Cómo se farta

No prebe do prato!

¡Inda reventes,

Larpeiro rabudo!

¡Qu’ inda na gorxa

Ch’ aperten un nudo!

[p. 185]Truca, perico,

No gato rabelo

Hasta deixalo

Quedar sin un pelo

Qu’ eu, s’ outra vez

O camiño m’ atranca,

Ei de rompelle

No lombo unha tranca.

¡Malo d’ aquel

Que non sabe de misa,

Nin entra na igrexa

Nin gasta camisa!...

¡Ay!, ¡qué galiña

Saltou no valado;

Sey que quer vir

A comer de prestado!

Isca d’ ahí,

Galiña maldita,

Isca d’ ahí

Nô me mate-la pita.

[p. 186]Isca d’ ahí,

Galiña ladrona,

Isca d’ ahí

Pra câs tua dona.


[p. 187]

XXX

Cando á luniña aparece

Y ó sol nos mares s’ esconde,

Todo é silencio nos campos,

Todo na ribeira dorme.

Quedan as veigas sin xente,

Sin ovelliñas os montes,

A fonte sin rosas vivas,

Os árbores sin cantores.

Medroso ó vento que pasa

Os pinos xigantes move,

Y a voz que levanta triste,

Outra máis triste responde.

Son as campanas que tocan,

Que tocan en sóns de morte,

Y ô coraçón din n’ olvides

Ós que para sempre dormen.

¡Qué triste! ¡Qué hora tan triste

Aquela en qu’ ó sol s’ esconde,

En qu’ as estrelliñas pálidas

Tímidamente relosen!

Aló as montañas confusas

[p. 188]D’ espesas niebras se croben,

Y á casa branca en qu’ él vive

En sombra espesa s’ envolve.

En vano miro e máis miro,

Qu’ os velos da negra noite

Entr’ ela y os meus olliños

Traidoramente se poñen.

—¿Qué fas ti mentras, meu ben?

Dime dónd’ estás, en dónde,

Que t’ aspero e nunca chegas,

Que te chamo e non respondes.

¿Morreches, meu queridiño?

¿O mar sin fondo tragoute?

¿Leváront’ as ondas feras

Ou perdécheste nos montes?

Vou perguntand’ ôs airiños,

Vou perguntand’ ôs pastores,

Ás verdes ondas pergunto

E ninguén, ¡ay!, me responde.

Os aires mudiños pasan,

Os pastoriños no m’ oyen,

Y as xordas ondas fervendo

Contr’ os penedos se rompen.

Mais ti non morreche, ingrato,

Nin te perdeches nos montes;

Ti, quisáis, mentras qu’ eu peno,

D’ os meus pesares te goces.

¡Coitada de min, coitada!

Qu’ este meu peitiño nobre

[p. 189]Foi para ti deble xunco

Qu’ ô menor vento se torce.

¡Y en recompensa ti olvidásme!

Dasme fel e dasme á morte...

¡Qu’ est’ é ó pago, desdichada,

Qu’ â que ben quer dan os homes!

Mais ¡qu’ importa!, ben te quixen...

Querreite sempre... Así compre

A quen con grande firmesa

Vidiña y alma entregouche.

Ahí tés ó meu coraçón,

Si ó queres matar ben podes;

Pero como estás ti dentro,

Tamén si ti ó matas, morres.


[p. 191]

XXXI

I

Si á vernos, Marica, nantronte viñeras

A festa d’ o Seixo n’ a beira d’ o mar,

Ti riras, Marica, cal nunca te riches

Debaixo d’ os pinos d’ o verde pinar.

A sombra d’ os pinos, Marica, ¡qué cousas

Chistosas pasaron!, ¡qué rir toleirón!

Relouca d’ arriba, relouca d’ abaixo,

Iñamos, viñamos y ó bombo... ¡pon!..., ¡pon!

As cóchegas brandas, as loitas alegres,

Os berros, os brincos, os contos sin fel,

Todiños peneques, alegres todiños...

Y á Nosa Señora detrás d’ o tonel.

[p. 192]II

¡Coitada!, ¡qué festa brandida perdeche!...

Cantaras, beberas, dormiras, y así

N’ un feixe miraras rolar xuntamente

Mociños e vellos d’ aquí par’ alí.

Có á vista trubada, c’ os ollos dormentes

Sorrindo, comendo, pifando e ainda máis,

¡Qu’ apertos, qu’ olladas tan chuscas trocaban

As nenas de xenio c’ os mozos de Cáis!

Debaixo d’ os ricos pareauguas de seda

Qu’ abertos formaban tamaño rodel,

Todiños chispados, ¡qué cosas decían!

Y á Nosa Señora detrás d’ o tonel.

III

Mais ela de cote tan grav’ e soberba,

Tan fina d’ oído, tan curta de mans,

Xordiña quedara, falando por sete,

Con probes e ricos, con porcos e cans.

[p. 193]Meu amo folgando de tanta largueza,

Que n’ era costume na dona tal ver,

Tamén, ¡miña xoya!, saltando da burra,

¡Pin!, ¡pan!, río arriba botouse á correr.

Y á dona sorría con ollo entraberto,

Comendo castañas e viño con mel...

¡Qué festa, Marica!... Todiños peneques...

Y á Nosa Señora detrás d’ o tonel.


[p. 195]

XXXII

Cómo chove mihudiño,

Cómo mihudiño chove;

Cómo chove mihudiño,

Pó-la banda de Laiño,

Pó-la banda de Lestrobe.

Com’ a triste branca nube

Truba ó sol qu’ inquieto aluma,

Cal ó crube y ó descrube,

Pasa, torna, volve e sube,

Enrisada branca pruma.

Xa dempois lonx’ espallada

Pó-los aires fuxitivos

Desteñida, sombrisada,

Nos espaços desatada

Cae brillando en rayos vivos.

[p. 196]Misteriosa regadeira

Fin’ orballo no chan pousa

Con feitiña curbadeira,

Remollando na ribeira

Frol por frol, chousa por chousa.

Semellando leve gasa

Que sotil ó vento move,

En frotantes ondas pasa

Refrescando canto abrasa

O qu’ ó sol ardente crobe.

¡Cómo chove mihudiño

Pó-las veigas de Campaña!

¡Cál s’ enxugan de camiño

Os herbales de Laiño!

¡Cóm’ á Ponte en sol se baña!

Para Caldas tod’ é escuro,

Ceo azul lose n’ Adina,

Trasparente, limpo e puro,

D’ Arretén no monte duro

Nube corre pelegrina.

Triste vay, qu’ á terra toca

Xa c’ os pes de branca neve,

Xa c’ á fina fresca boca;

[p. 197]Triste vay, qu’ os ceos invoca

Y á bicar ó chan s’ atreve.

Triste vay cando s’ abate

Vaporosa soya e muda,

Cando main’ as alas bate

Com’ un coraçón que late

Ferido por pena ruda.

Tal maxino á sombra triste

De mi máa, soya vagando

Nas esferas onde existe;

Qu’ ir á groria se resiste

Pó-los que quixo agardando.

Vexo ó souto en parda sombra

Revolvendo ó seu ramaxe,

Que por bon, do rey se nombra,

Donde fero ó vento asombra,

Roxe e estala de coraxe.

Y ó Palacio, serio e grave

¡Cánto en pura luz se baña!

Tal parés pesada nave

Que volver ô mar non sabe

S’ encallou na fresca braña.

[p. 198]Vexo Valga á beira hermosa

D’ un camiño todo prata,

Casta virxe candorosa,

Sentadiña en chan de rosa,

Vestidiña d’ escalrata.

A San Loys vexo brillando

Bañado por tintas puras,

Sol e sombras amostrando,

En reposo contemprando

Montes, auguas e verduras.

Y á Padrón ponliña verde,

Fada branca ô pé d’ un río,

Froita en frol d’ á qu’ eu quixerde,

Lonxe miro que se perde

Baix’ un manto de resío.

¡Qu’ hinchadiña branca vela

Antr’ os millos corre soa

Misteriosa pura estrela!

Dille ô vento en torno d’ ela:

«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»

Faille arrolo á branda ría

C’ un remanso mormuxante,

Que nâs d’ arboled’ umbría

[p. 199]Vaixo un toldo d’ alegría,

Ó calor d’ un sol amante.

¡Sol d’ Italia, sol d’ amore!...

¿Ti païsáx mellor alumas,

Ti máis rosas, máis verdore,

Mellor ceu, máis soave core

Ves d’ o golfo antr’ as espumas?

¡Sol d’ Italia, eu non sospiro

Por sentirte ardente rayo!

Qu’ outro sol temprado miro,

Doçemente aquí respiro

Nun perene, eterno mayo.

Nesta terra tal encanto

Se respira... Triste ou probe,

Rico ou farto de querbanto

¡S’ encariña nela tanto

Quen baix’ ó seu ceu se crobe!...

Os que son nela nacidos,

Os que son d’ ela mimados,

Lonxe d’ ela están doridos

Porque van d’ amor feridos

Por quen fóno amamantados.

[p. 200]Pó-los fillos á nay tira,

Xorda, triste, plañideira,

Xeme, chora e máis sospira,

E non para hastra qu’ os mira

Ben chegar por derradeira.

¡Probe nay, cánto te quero!

¡Nay tamén, ¡ay!, da nay miña!

O teu chan d’ amor prefiero,

A cant’ hay grande ou severo

En tod’ á terra xuntiña.

¿Cómo non, si hora estou vendo

Nun paisáx de prata e rosas,

Canto á vida foi querendo,

C’ os meus ollos remexendo

Memoriñas cariñosas?

¡Bosques, casa, sepulturas,

Campanarios e campanas

Con sóns vagos de doçuras,

Que despertan ¡ay! ternuras

Qu’ en jamáis podrán ser vanas!

Elas fóno as que tocaron

Cand’ os meus alí naceron;

Elas fóno as que choraron,

[p. 201]Elas fóno as que dobraron

Cand’ os meus avós morreron.

Elas fóno as qu’ alegriñas

Me chamaban mainamente

Nas douradas mañanciñas,

De mi máa c’ as cantiguiñas

Y os biquiños xuntamente.

Inda vex’ onde xogaba

C’ as meniñas que eu quería,

O enxidiño onde folgaba,

Os rosales que coidaba

Y á fontiña onde bebía.

Vexo á rúa solitaria

Qu’ en paz baña un sol sereno,

Sin que á trube man contraria,

Igual sempre, nunca varia,

Veiga llana en campo ameno.

E tamén vexo enloitada

D’ Arretén á casa nobre,

Dond’ á miña nay foi nada,

Cal viudiña abandonada

Que cay triste ô pe d’ un robre.

[p. 202]Alí esta sombra perdida

Vos sin son, corpo sin alma,

Amazona mal ferida

Qu’ ô sentir que perd’ á vida

Se adormece en xorda calma.

Casa grande lle chamaban

Noutro tempo venturoso,

Cand’ os probes á improraban

E fartiños se quentaban

Ó seu lume cariñoso.

Casa grande, cando un santo

Venerable cabaleiro[2]

Con tranquilo, nobre encanto,

Vaixo os priegues d’ o seu manto

Cobexada ó perdioseiro.

Cand’ os cantos ná capilla

Da gran casa resoaban

Con fervor e fe sensilla,

[p. 203]Rico fruto d’ á semilla

Qu’ os baróns santos sembraban.

Hora todo silensioso

Caus’ alí medo e pavura,

Mora esprito temeroso

Nos salóns ond’ ó reposo

Fix’ un niño c’ a tristura.

Risas, cantos, armonía,

Brandas músicas, contento,

Festas, dansas, alegría,

Se trocou na triste e fría

Xorda vós do forte vento.

No gran patio as herbas crecen

Vigorosas sin coidado,

Y as silveiras que frorecen

No seu tempo fruto ofrecen

Os meniños sazonado.

Y antr’ aquel silencio mudo

Qu’ a trubar naide alí chega,

Antre aquel ¡xa fùn! tan rudo

Vése inteiro un nobre escudo

Qu’ á desir non son se nega.

[p. 204]Craros timbres mostra ufano

C’ un soberbo casco airoso...

Mais detrás d’ un son tan vano

Vése ó probe orgullo humano

Homillado e polvoroso.

Tras da calada visera

Qu’ hay uns ollos feridores

Que nos miran, se dixera,

Que nos din tod’ é quimera

Neste mundo de dolores.

¡Casa grande, triste casa!

Que d’ aquí tan soya miro

Parda, escura, triste masa,

¡Casa grande, pasa, pasa...

Ti xa n’ és más qu’ un sospiro!

Meus avós, ¡ay!, xa morreron,

Os demáis t’ abandonaron,

Os teus lustros pereceron

Y os que millor te quixeron

Tamén de ti s’ apartaron.

Mes tras mes, pedra tras pedra,

Ti te irás desmoronando,

Ceñida por sintas d’ edra,

[p. 205]Mentras qu’ outra forte medra,

Qu’ así o mundo vay rolando.

¡Mais qué lus, qué colorido,

Nos espaços se dilata!

Luce ó sol descolorido

Y arco d’ iris xa nacido

Longa sinta se desata.

Cómo chove mihudiño,

Cómo mihudiño chove;

Cómo chove mihudiño,

Pó-la banda de Laiño,

Pó-la banda de Lestrobe.


[p. 207]

XXXIII

Miña Santa Margarida,

¿Con quén t’ ei de comparare?

Coma ti non vin ningunha

Nin na terra nin no mare.

Coma ti, Santa bendita,

Tan garrida e tan preciosa,

Nin brilou ningunha estrela,

Nin s’ abreu ningunha rosa.

Nin luceiro nin diamante,

Nin luniña trasparente,

Luz verteu máis cariñosa

Qu’ ó teu rostro relucente.

Nin as froles do xilmendro,

Nin á rosa purpurina,

Nin as neves da montaña,

Nin fulgor da mañanciña.

[p. 208]Nin alegre sol dourado,

Nin corrente d’ augua pura,

Miña Santa Margarida,

Ch’ asemella en hermosura.

¿Con quén t’ ei comparare,

Miña santa Margarida,

Si ti foche ánxel d’ amore

Pó-los ánxes escollida?

Sólo á Virxe é máis hermosa

Qu’ eres ti, bendita Santa,

Y ó teu rostro pelegrino,

O temido demo espanta.

De ti vivo namorada,

En ti penso con fervore,

Qu’ eu ben sei que che contenta

Este puro e santo amore.

¡Quén poidera!... ¡Quén poidera

Xunta ti vivir segura,

Manantial que mel derrama,

Pura fonte de ternura!

[p. 209]Onda ti, lonxe do mundo,

Tan feliz m’ acobexara,

Qu’ en jamáis ô pracer vano

Este meu mirar tornara.

Que no monte onda ti moras

Tan bon aire se respira,

Que ó que máis do mundo foxe,

Sólo alí por Dios suspira.

Miña Santa Margarida,

Miña Margarida santa,

Tendes á casa no monte,

Donde ó paxariño canta.


[p. 211]

XXXIV

ALBORADA[3]

I

Baite noi-

te—Bay funxin-

do—Vent’ auro-

ra—Vent’ abrin-

do—C’ ó teu ros-

tro—Que sorrin-

do—¡¡¡Á sombr’ espanta!!!

¡Canta!...

Paxariño can-

ta—De ponliñ’ en pón-

[p. 212]la—Qu’ ó sol se levan-

ta—Pó-lo monte ver-

de—Pó-lo verde mon-

te—Alegrand’ as her-

bas—¡Alegrand’ as fon-

tes!...

¡Canta, paxariño alegre,

Canta!

¡Canta por qu’ ó millo medre,

Canta!

¡Canta por qu’ á luz t’ escoite,

Canta!

Canta que fuxeu á noite.

Noite escura

Logo ven,

E moito dura

C’ ó seu manto

De tristura,

Con meigallos

E temores,

Agoreira

De dolores,

Agarimo

De pesares,

Cubridora

[p. 213]En todo mal,

¡Sal!...

Qu’ auroriña

O ceu colora

C’ uns arbores

Que namora,

C’ un sembrante

D’ ouro e prata

Teñidiño

D’ escalrata.

C’ uns vestidos

De diamante

Que lle borda

O sol amante

Antr’ as ondas

De cristal.

¡Sal!...

Señora en todo mal,

Qu’ ó sol

Xa brila

Nas cunchiñas do areal

Qu’ á luz

Do día

Vist’ á terra d’ alegría,

Qu’ ó sol

Derrete con amor á escarcha fría.

[p. 214]II

Branc’ auro-

ra—Ven chegan-

do—Y âs porti-

ñas—Bay chaman-

do—D’ os que dor-

men—Esperan-

do—¡O teu folgor!...

Cor...

D’ alba hermosa

Lles extende

Nos vidriños

Cariñosa,

Dond’ ó sol

Tamén suspende,

Cand’ aló

No mar se tende

De fogax

Larada viva,

Dempois leve,

Fuxitiva,

Triste vago

Resprandor.

[p. 215]Cantor

D’ os aires,

Paxariño alegre,

Canta,

Canta por qu’ ó millo medre

Cantor

D’ aurora,

Alegre namorado,

As meniñas dille

Que xa sal ó sol dourado.

Qu’ ó gaiteiro,

Ben lavado,

Ben vestido,

Ben peitado,

Da gaitiña

Acompañado

¡A porta está!...

¡Xa!...

S’ expricando

Que t’ exprica,

Repinica,

Repinica

N’ alborada

Ben amada

Das meniñas

Cantadeiras,

[p. 216]Bailadoras,

Rebuldeiras;

D’ as belliñas

Alegriñas,

D’ as que saben

Ben ruar.

¡Arriba

Todas, rapaciñas do lugar,

Qu’ ó sol

Y á aurora xa vos ven á dispertar!

¡Arriba!

¡Arriba toleirona mocidad,

Qu’ atru-

xaremos—cantaremos ó ala... lá!!!...


[p. 217]

XXXV

Eu cantar, cantar, cantei,

A gracia non era moita,

Que nunca (delo me pesa)

Fun eu meniña graciosa.

Cantei como mal sabía

Dándolle reviravoltas,

Cal fán aquês que non saben

Direitamente unha cousa.

Pero dempois paseniño,

Y un pouco máis alto agora,

Fun votando as miñas cántigas

Como quen non quer á cousa.

Eu ben quixera, é verdade,

Que máis boniteiras foran;

Eu ben quixera que nelas

Bailase ó sol c’ as pombas,

As brandas auguas c’ á luz

Y os aires mainos c’ as rosas.

Que nelas craras se visen

A espuma d’ as verdes ondas,

Do ceu as brancas estrelas,

Da terr’ as prantas hermosas,

[p. 218]As niebras de cor sombriso

Qu’ aló nas montañas voan;

Os berros do triste moucho,

As campaniñas que dobran,

A primadera que ríe

Y os paxariños que voan.

Canta que te canta, mentras

Os coraçóns tristes choran.

Esto e inda máis, eu quixera

Desir con lengua graciosa;

Mas donde á gracia me falta

O sentimiento me sobra,

Anqu’ este tampouco abasta

Para expricar certas cousas,

Qu’ á veces por fora un canta

Mentras que por dentro un chora.

Non me expriquei cal quixera

Pois son de expricansa pouca;

Si gracia en cantar non teño

O amor da patria m’ afoga.

Eu cantar, cantar, cantei,

A gracia non era moita,

¡Mais qué faser, desdichada,

Si non nacín máis graciosa!


[p. 219]

XXXVI

Sábado á noite

Marica pilla á roca.

—Ña muller, pilla esa roca

E déixate d’ ir á misa,

Pensa que non tés camisa

E fía unha mazaroca.

—Luns d’ as almas, meu homiño,

Déixame gardal’ ó día

Sen fiare, ¿qué diría

N’ outro mundo meu paiciño?

Pois... martes de San Antonio

Tampouco hey de traballere,

Prá qu’ ó santo me librare

D’ as tentazós do demonio.

Miércoles... ¡Non digo eu!

O home de Nosa Señora

San Xusé... de fiar ôra

Non me quisera no ceu.

¡E xueves!... N’ hay que falar

¡Santísimo Sacramento!

Con todo comedimento

[p. 220]O día ch’ hey de gardar.

¡Y ó viernes! ¿Recordazón

D’ agonía de Xesús?

Pasareino ô pe da crus,

Maxinando na pasión.

E ti benaventurado

Sábado da Virxen santa,

Quen tua festa crebanta

Debe estar excomungado.

Mais, dend’ as doce hastra á unha

Antre ó sábado e ó domingo

Tráeme acá esa roca, Mingo,

Qu’ esa n’ é falta ningunha.

¡Se viras cómo ó resío

M’ entra por antr’ os farrapos!

Acóchame co eses trapos,

Qu’ estou tembrando de frío.

—Non vexo trapos nin toldo

Con que te poida tapare,

Arrímate ô pe do lare

Ou métete antre ó rescoldo.

—Seica teño calentura...

¡Bruu!, seica vou morrere.

—Non t’ afrixas, ña mullere,

Que che irey catal’ o cura.

—Máis quisera un cubirtore;

Sinto callofríos... tantos...

—Pois que te cochen os santos,

Que n’ hay cuberta millore.

Folgaches noites e días

[p. 221]Só por ilos á bicare,

E debent’ ora cochare

Nas tuas postrimeirías.

Deste modo Xan sin Terra

Co á sua muller falaba,

Cando veu que se quedaba,

¡Malpocado!, feita terra,

E cuns coderos tapándolle

O triste coiro desnudo,

Díxolle entonces (eu dudo

Si chorando, si cantándolle):

Ey ti miña gardadora

D’ os días santos e das festas,

Cómo che relosen ora

As carnes por antre as xestas.


[p. 223]

XXXVII

—Compadre, des qu’ un vai vello

O mesmo sol lle fay frío,

Cada regueiro elle un río,

Un boy cada escarabello.

Pésame ó lombo que pasma,

Pero qu’ inda Dios me leve

¡S’ é que non teño unha sede

Que me fay volvé-l’ a yasma!

E ben xa qu’ estamos preto

De ña casa... ¡Compadriño,

Vinde probal’ ó meu viño

E votaremos un neto!...

—¡Entra ti diante!—¡Non!—Sí.

Ti que és máis vello.—¡Cal mentes!

—Pois que cho digan os dentes.

—Teño máis moas que ti.

Mais entremol’ os dous xuntos

E acabouse ó del-con-dela,

Mide seis netos Manoela

Que trayo exoitos lo’ s untos

Enche ó xerro do canteiro

E no enchas c’ ó da vela

[p. 224]Que tan sóo prá meter bulla

Se non c’ aquel do Riveiro.

· · · · · · · · · · · · · · · · · ·

¡Coló, coló!—Ben nos preste,

Porque sin estos consolos

Andivéramos máis solos

Os vellos do qu’ anda á peste.

—¡Ten un piquiño!—¡Qué noria!

Con pique ou non, compadriño,

Dempois de Dios ¡viva ó viño!

—¿E haberá viño na groria?

¡Coló, coló!—¡Cousa boa!

¡Cólase como xarabe!

—Meu compadre, ó que ben sabe

Corre sin trigo nin broa.

—O viño de quente pasa,

Mais é mellor ó qu’ eu teño.

—¿Cómo qué?—Á probalo deño

Vas vir ora á miña casa.

—Eso pouco á pouco, amigo.

¡Mellor qu’ ó meu no-no paso!

—Pois botemos outro vaso

E veno á probar conmigo.

—Dis ben.—¡Ñas pernas... arriba!

Peito xa estás calentado;

Podemos un punteado

Bailar c’ un pe nunha criba

—Que no che me leve ó deño...

¿El andamos ou n’ andamos?

Unha vez parez que andamos

[p. 225]Y outras maxino que veño.

—Déixate d’ eso, Farruco,

Que eu vou coma unha pedrada,

E inda así n’ está escampada

Seica oirey cantá-lo cuco.

—No-no penses qu’ abofellas

Xa á miña porta chegamos,

Mais ten tino, porque entramos

No cortello das ovellas.

¡Mentes...; eu vou indo á fío

Cara á bodega, larpeiro!

—Mais déixame entrar primeiro,

Que me fay mal ó resío.

—Vállame Santa Lusía...

Todo ó vexo tan trubado;

Dime aquí, de reservado:

¿É de noite ou é de día?

—¡S’ o sey que vote máis canas!

Pero en secreto cho digo

D’ este non ver, meu amigo,

Deben ter culpa as pestanas.

Ora séntate e bebamos;

¡Teño unha sede!...—¡Eh!, ¿qué tal?

—Se non me fixese mal...

—¡Mal! ¿Tan fortes coma estamos?

Sabe que gorecha... pois

¿Exprícome?...—¡Pro sabido!

—Ó bebido, vay bebido

E s’ un quer máis... hastra Angrois.

¡É qu’ este teu viño!, ¡deño!...

[p. 226]É do qu’ un pode beber

Pero, compadre, á meu ver

Eche mellor ó que eu teño.

—¡N’ é verdá eso!...—¿Que non?

Tornas ora á vir conmigo

E disme s’ es meu amigo

Se no é moito máis bon.

—¡Poida!...; mais á tua bodega

Dime cándo chegaremos,

Teño unha sede dos demos...

E máis penso que lostrega.

—Ó qu’ hay, meu compañeiriño,

Non son lóstregos nin rollos;

É que tés lume nos ollos

E á gorxa pídeche viño.

¡Ey!, move esos pes lixeiro,

Qu’ estamos ô pe da pipa,

E bebe, que di Felipa

Qu’ á sede avolve ó calleiro.

—¡Jéen!... Dió-lo pague qu’ é forte;

Bebín canto me botache;

Tes un viño que... carache,

Fay resucitá-la morte.

—¿E logo sí? ¡Na que deño!

Nin ó d’un Padre Benito.

—¡E bon, mais ó dito, dito:

Inda é mellor ó que eu teño!

· · · · · · · · · · · · · · · · · ·

E indo e vindo no camiño

Tanto os compadres bebeno,

[p. 227]Que nunca en xamás volveno

A probar augua nin viño.

C’ o ventre com’ unha uva

Tras de tanta é tanta proba,

Levánonos para á coba

Dende ó mesmo pe da cuba.


[p. 229]

GLOSARIO

Abó, abuelo.

Abofé, á fe mía.

Abofellas, á fe mía.

Abondo, bastante, sobrado, en abundancia.

Achar, hallar.

Adoito, donde estoy siempre. Úsase también esta palabra en el sentido de acostumbrado, como se ve en el refrán: O que n’ está adoito âs bragas as costuras lle fan llagas; otros dicen: O que non está afeito, etc.

Aeito, adverbio que significa á roso y velloso, sin escoger, sin reparar.

Afacer, afacerse, acostumbrarse.

Agarimo, amparo, apoyo cariñoso. Se dice de un huérfano que está sin agarimo.

Agoirar, presagiar, predecir malos sucesos.

Aló, allá.

Alomear, alumbrar, y algunas veces resplandecer, brillar.

Alleo, ajeno, lo que es de otro.

Amoras, mora silvestre ó de zarza; á la verdadera mora le llaman amora castellana.

Antroido, carnaval. Se usa también en sentido burlesco, pues á una persona ridícula y risible le dicen: ¡Parece un antroido!, ¡ay qué antroido!; frases ambas que equivalen á «¡parece una máscara!, ¡vaya una máscara!»

[p. 230]

Antroidada, carnavalada, y también cosa descabellada.

Año, corderillo.

Apurrar, azuzar.

Arrepuiñadas, erizadas. En gallego tiene más fuerza y se dice carnes arrepuiñadas, que equivale á lo que en castellano «carne de gallina».

Arrescender, oler bien. Se dice de una rosa que arrescende.

Atruxar, gritar alegremente. Viene de aturuxo, grito de alegría con que los aldeanos concluyen en las fiestas y ruadas sus cantares.

Aturuxo, grito agudo y prolongado con que concluye sus canciones la gente del campo.

Axexar, mirar con curiosidad, creyendo que nadie observa al que mira.

Bagoas, lágrimas.

Balar, balar, oscilar. Los aldeanos dicen que la piedra vacilante de Nuestra Señora de la Barca (Mugia) bala.

Balocas, patatas pequeñas. Rodríguez, en su Diccionario gallego-castellano, quiere que signifiquen castañas.

Ban, cintura. Algunos le escriben con v consonante, pero aquí se puso con b para distinguirle de la tercera persona del plural del presente de indicativo del verbo ir.

Batalada, campanada.

Bater, dar una cosa contra otra, pegar.

Ben, bien. El plural, bens, significa bienes y también haciendas.

Berce, cuna.

Berrar, gritar. El vocablo gallego tiene más fuerza que su equivalente castellano, pudiendo decirse que berrar es gritar con fuerza. También significa reñir.

Bica, bico, el pico de las aves y también beso, usando la[p. 231] terminación femenina cuando quieren darle más gracia, y la masculina en los demás casos. Llaman bica á una torta de pan de trigo.

Bicar, besar.

Bola, torta de pan.

Boxe, boj.

Brandida, abundante, ostentosa, rica.

Brañas, prado con agua perenne.

Brétema, niebla.

Bulir, hacer una cosa aprisa, andar aprisa, moverse de una parte á otra, y cuanto se parezca á lo que perfectamente definió Rodríguez «hervir de gusanos», pues se dice á menudo bulígame á sangre.

Cachón, á todo hervir.

Cadela, perra.

Cáis, Cádiz.

Canas, cañas y también canas.

Candeas, luces, candelas.

Carabel, clavel.

Carabela, cestilla.

Caris, gesto, el rostro, el semblante.

Carrapucheiriña, expresión cariñosa que equivale á «querida mía», aunque tiene más dulzura. Cosa digna de ser querida por excelencia, que viene de cara y pulchra, de sumo precio, amada y hermosa, aumentando la significación por el diminutivo cariñoso en iño.

Cas-qui-tó, lo mismo que «¡aparta, cerdo!»

Chan ó chao, suelo.

Cheiro, olor.

Cheo, lleno.

Chiar, piar. La frase non chia equivale á «no dice nada»,[p. 232] y quedouse sin chiar, no se movió, no dijo una palabra.

Chuchona, la que chupa.

Cirolas, calzones anchos de lienzo que usan los aldeanos. Por lo regular los traen debajo de los calzones de paño.

Cobiça, codicia.

Cóchegas, cosquillas.

Cocho, cerdo.

Cofia, toca de lino ó de encaje con que las aldeanas se cubren la cabeza, recogiendo el pelo.

Coitelo, cuchillo.

Compango, entre los aldeanos, lo que comen después del caldo, ó mejor aún, como la misma voz lo indica, lo que comen con pan, pero que merece el nombre de comida.

Compaña, hueste, procesión de brujas. Cuentan que por la noche aparecen en fila en las eras, caminos, bosques y montes siete luces que discurren de un lado á otro, llenando de espanto á los sencillos aldeanos. Su aparición es siempre de mal agüero para ellos, sobre todo cuando se apaga una de aquellas luces, pues, según dicen, significa que muere alguna persona en el lugar en que aparecen, ó en la casa de quien sea la era en que se ven.

Cor, cores, color, colores.

Corredoira, corredeira, camino angosto, como lo son por lo regular los que van de un lugar á otro.

Cortello, cortelliño, establo.

Cortiña, prado cerrado puesto á hierba.

Cos, la mitad superior de la camisa: los usan las aldeanas poco acomodadas, haciéndolos de lienzo y el resto de la camisa de estopilla.

Cospir, escupir, salivar.

Cote (De), todos los días.

[p. 233]

Crebar, romper, quebrar.

Crechas, rizadas.

Cribo, cernidor.

Culler, cuchara.

Cunca, taza.

Curruncho, rincón.

Curtiña, prado cerrado puesto á hierba.

Curuto, coronilla, la cumbre.

Deitar, acostarse y también manar.

Demoro, demontres, diablo.

Dengue, esclavina de paño guarnecida de terciopelo que llega hasta la cintura, y cuyas puntas ó alas son bastante grandes para que, cruzadas sobre el seno, puedan dar vueltas y cerrarse á la espalda. Por lo regular las hacen de grana.

Derradeira, lo postrero, lo que va detrás, y entonces es adjetivo. A derradeira, ó bien ó derradeiro, es adverbio y significa por último.

Diancre, diablo.

Dipinicar. Es difícil señalar á esta palabra su equivalente castellano. Se dice de las ovejas que dipinican la hierba porque comen sólo las puntas tiernas. Se dice de una persona que teniendo racimos de uvas, verbigracia, come sólo algunos granos, que dipinica las uvas.

Dou non te dera, frase que significa lo que en castellano «quien te parió no te pariera», aunque en gallego tiene más fuerza, porque comprende el padre y la madre.

Dona, dueña, ama de casa, la señora. Los maridos dicen á miña dona, por mi mujer.

É, tercera persona del presente de indicativo del verbo ser.

[p. 234]

Eira, era.

Emboucar, engañar.

Enfouzar, ensuciar.

Ensarrapicada, muy mojada.

Enxido, enxidiño, pequeño huerto al pie de la casa de su dueño.

Erguer, erguir, levantar.

Esfolar, desollar.

Espallar, esparcir.

Esquencer, olvidar.

Estricadas, escuetas, estiradas, largas.

Facer, hacer. La frase seu facer equivale á «su negocio».

Falangueiro, falangueira. Así se dice de una persona que nos habla con cariño y cortesía: alegre, decidor.

Feira, feria: qué feira equivale á «qué buen negocio».

Feita, hecha. Se dice de una mujer que é feita cuando es hermosa y bien proporcionada.

Feitizo, hechizo.

Fenda, hendidura.

Fero, fiero, amargo.

Fiadas, hiladas. Así llaman á una reunión de mujeres que se juntan en un sitio dado para hilar. Como á estas hiladas concurren los jóvenes, es una de las diversiones favoritas de nuestros aldeanos.

Fidalga, hidalga, y por extensión, fina, suave, delicada. Dícese de una persona que tiene hermosas manos ten mans fidalgas.

Fito á fito, hito á hito.

Fogax, vivo resplandor, llamarada.

Folga, huelga.

Fricol, un frito cualquiera.

Fricolada ó frixolada, frito de muchas y diversas cosas.

[p. 235]

Froita, fruta.

Frolear, bordar. Debe advertirse que este significado sólo lo tiene en sentido figurado, diciendo de un gaitero que frolea cuando al tocar inventa variaciones al tema. Lo mismo se dice de una persona que habla usando lo que en castellano llamamos «flores poéticas».

Fungueiro, estacas que se clavan alrededor, en el suelo de los carros, con objeto de sostener la carga.

Gaiteira, alegre, casquivana.

Gando, ganado vacuno.

Garular, divertirse armando grande algazara.

Hortiña, huerta, huertecita.

Iña, le usan muchas veces en lugar de iba.

Lama, lodo.

Lansaliño, airoso, esbelto.

Laña, hendidura.

Lar, lariño, hogar.

Larada, el fuego grande del hogar; en el campo suele verse desde lejos cuando está la puerta de la casa abierta, y al resplandor que despide llaman también larada.

Larpeiro, goloso.

Liña, hebra de seda ó de hilo.

Loitar, luchar, pelear. Úsanle regularmente en la primera acepción.

Lombo, espalda.

Lua, luna.

Luar (Ó), frase que equivale á «la luz de la luna».

Lurpia, bruja, mujer de mal carácter.

[p. 236], madre.

Magoa, que hiere, herida.

Maino, mainiño, manso, suave.

Malpocado, malpocadiño, ¡pobrecito!, ¡desdichado!

Mantelo, prenda de vestido, generalmente de paño, que las sirve como de sobresaya; no tiene vuelo ni pliegues, y cierra atrás dejando ver la saya.

Matar, matar, y por extensión, apagar: dicen matar á luz, apagar la luz; matarlle á fame, darle de comer; matarlle un deseo, cumplirle un deseo.

Matachín, el que mata los cerdos.

Maxesa, elegancia.

Meigallo, hechizo.

Meigo, brujo, encantador.

Millo, maíz.

Mimosa, cariñosa.

Moucho, mochuelo.

Mouriña, moura, frase que equivale á morena hija y descendiente de moro; negra. En una ocasión oímos á un muchacho apostrofar á un compañero llamándole fillo d’ unha cabra moura.

Muchada, seca.

Muhiño, molino.

Nabisa, la hoja de los nabos.

Nantronte, en el día anterior.

Nay, madre.

Neno, niño.

Niño, nido.

Noces, nueces.

Noxo, asco.

O, el, lo.

[p. 237]

Ó, contracción de á, ó, á lo, á la.

Orfo, huérfano.

Oubear, aullar.

Palomas, palomiñas, mariposas.

Panos, pañuelos, telas.

Parolar, hablar, parlar.

Parromeira, hollín de chimenea.

Pau, palo, madera.

Peitar, peinar.

Pelica, piel, cáscara.

Pena, pena, y también peñasco.

Penedo, roca, peñasco.

Peneira, cernidor.

Peçoñosas, ponzoñosas.

Pia, pilón.

Pifar, lo que se entiende vulgarmente por «empinar el codo».

Pito, pitiño, pollo, pollito.

Pombas, palomas.

Pónla, rama de árbol.

Portelo, portillo.

Posto, puesto: ben posto equivale á «bien vestido».

Pousar, posar.

Praticar, hablar.

Pretiño, cerca, cerquita, y también pronto.

Proya, torta de pan.

Quinteiro, corral.

Quiño, cerdo.

Rabuñar, arañar.

Racha, astilla.

[p. 238]

Ramallaxe, ramaje.

Raparigo, muchacho, joven.

Rapás, muchacho, joven.

Raxo, lomo de cerdo.

Rebotar, rebosar.

Rebuldeira, retozona.

Rebulir, bullir.

Regandixa, rendija.

Rego, regato, riachuelo.

Reloucar, equivale á «divertirse en grande», «volverse loco de alegría».

Remorso, remordimiento.

Repantrigado, arrellanado.

Repoludo, robusto, gordo y duro como un repollo.

Resolio, licor suave.

Rifar, reñir.

Ruada, andar de noche de broma cantando por las calles ó los campos.

Rueda, diversión por la calle.

Rula, tórtola.

Runxida, requemada.

Runxindo, haciendo ruido.

Ruxe-ruxe, entre el ruido, entre el movimiento, entre el barullo da la fiesta.

Salgado, salado.

Salgueiro, sauce.

Saloucos, sollozos.

Sar, río que nace cerca de Santiago y desagua en el Ulla á su paso por Padrón.

Sarpullente, hirviente.

Sarrapio, amargo, urente: dejo áspero que tienen algunas comidas y bebidas.

[p. 239]Seica, me parece, creo que sí ó que no.

Seixos, guijarros, lo que graciosamente llamaba Cervantes «peladillas de arroyo».

Sera, seran, tarde.

Seu facer, frase que equivale á «su negocio».

Silveira, zarzamora.

Sonsa, burlona.

Sorsa, adobo.

Suriña, palomita.

Ten, tiene.

Tén, tienen.

Tirar, tirar, y también atraer; así dicen que el país tira, que es lo mismo que el país atrae.

Tobo, madriguera.

Tolo, loco.

Topar, hallar.

Torrexas, torrijas.

Toxales, aliagas.

Tremar, temblar.

Trenco, zambo.

Troncho, trozo ó pedazo del tallo de la berza.

Ucha, arcón grande que en las casas de los aldeanos sirve de alacena.

Vagoas, lágrimas.

Vala, vide Bala.

Valo, valado, vallado, cerca.

Valorento, mohoso.

Ven, ven.

Vén, vienen.

Vila, en gallego se usa indistintamente esta palabra para[p. 240] indicar una ciudad ó una villa, aunque al presente suelen decir siudade.

Vincha, burbuja.

Viradoiro. Se dice pau viradoiro á una persona que va muy tiesa; es de virar ó dar vuelta á una cosa; verbigracia: el palo de los barqueros, la raspilla para la sartén, etc.

Vran, verano.

Yalma. Para hacer más suave la palabra y evitar la cacofonía suelen decir á yalma en vez de á alma.

Xa, ya: de jam latino.

Xan, Juan.

Xeito (Non lle dar...), no hallar modo y manera de hacer una cosa.

Xoya, joya: miña xoya es una expresión de cariño.

Zonchos, castañas cocidas con la piel.

M.


[p. 241]

ÍNDICE

Páginas
Prólogo 9
As de cantar 17
Nasín cand’ as prantas nasen 25
Dios bendiga todo, nena 27
Cantan os galos pr’ ó día 33
Miña Santiña 37
Nosa Señora da Barca 43
Fun un domingo 53
Un repoludo gaitero 57
Díxome nantronte ó Cura 61
Quixente tanto, meniña 67
Campanas de Bastabales 69
Vint’ unha crara noite 75
San Antonio bendito 79
Acolá enriba 83
Adiós ríos, adiós fontes 87
Eu ben vin estar ó moucho 91
Airiños, airiños aires 95
[p. 242]A ó Sr. D. Camilo Alvarez e Castro 99
Pasa río, pasa río 105
Hora, meu meniño, hora 107
Non che digo nada 113
Mais ó que ben quixo un día 123
Castellana de Castilla 127
Queridiña d’ os meus ollos 131
A Roberto Robert 137
Meniña, ti á máis hermosa 155
¿Qué ten ó mozo? 159
Castellanos de Castilla 163
La gaita gallega 169
Á gaita gallega 173
Vente, rapasa 179
Cando á lumiña aparece 187
Si á vernos, Marica, nantronte viñeras 191
Cómo chove mihudiño 195
Miña Santa Margarida 207
Baite noi- 211
Eu cantar, cantar, cantei 217
Sábado á noite 219
Compadre, des qu’ un vai vello 223
Glosario 229

NOTAS

[1] Eu ben sei qu’ en rigor estas octavas non son en maneira algunha á glosa d’ un cantar, e que mellor e con máis propiedade podía chamarse conto; pero como pó-lo d’ ahora non penso facer en gallego nengún libro de contos póñoo aquí, unha vez que nestes cantares tratei de pintar as costumes d’ os nosos probes aldeáns, e sirven estas octavas prá dar á conocer unha d’ as máis antiguas e máis usadas. Sempre me conmoveu o relato de este conto sencillo, patriarcal, e por eso decidinme á versificalo, contando c’ á benevolencia d’ os lectores. ¡Son tantos os desdichados á quen nas nosas aldeas non se ofrece á proba do porco, e que soñan có día en que, como Vidal, poidan decir á os seus avaros veciños: Adiante c’ ó varal!...

[2] As virtudes verdadeiramente evanxélicas d’ este cabaleiro, tan amado d’ os que ó conoceron, inspiráronme un libro, que non tarderey en publicalo con ó titulo de Historia de mi abuelo. Nel rindo un tributo d’ adimiración e amor á aquel cuya mayor sabiduría consisteu sempre en facer ó ben á ollos cerrados e con man cariñosa.

[3] A máis grande dificultade qu’ achey prá escribir esta alborada, foy ó meu deseyo de que sahise nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pró foy á custa da poesía; non podía ser d’ outro modo, cando se da c’ un aire tan extraño e tan dificile de acomodarlle letra algunha.


Nota de transcripción